Description:A Ponencia de Antropoloxía cultural do Consello da Cultura Galega continúa con esta obra na súa liña de investigación e divulgación da cultura tradicional propia das comunidades situadas nas fronteiras con Galicia. Nesta ocasión pretende facer unha reconstrución das pautas da cultura vixente na terra dos Ancares presente na memoria das persoas que os habitan. Na primeira parte da publicación préstase atención á sociedade e a identidade ancaresas e na segunda parte céntrase na cultura material, que presenta evidentes semellanzas coas terras lucenses próximas.