UNHA VIAXE POLO BETANZOS DA SEGUNDA REPÚBLICA... Unha viaxe polo Betanzos da Segunda República: proclamación, anticlericalismo e vinganza ALFREDO ERIAS MARTÍNEZ* Sumario O presente traballo analiza a chegada e consolidación da Segunda República a Betanzos a través das eleccións municipais do 12 de abril e do 31 de maio de 1931, para decorrer logo polo fenómeno do anticlericalismo, que, en boa maneira, explicará o odio e a vinganza final, que rematará coa experiencia republicana, aquí e en toda España, desenvocando na Guerra Civil. Abstract This essay analises the arrival and the consolidation of the Second Republic in Betanzos through the local elections on 12 April and 13 May 1931, to develop to the anticlerical phenomenon, which will explaine the hatred and the final revenge, which ends with the republic experience, here and in all Spain, ending up in the Civil War. I.- INTRODUCCIÓN O fracaso da Monarquía e a conse- guinte chegada da Segunda República a España o 14 de abril de 1931 ten un antecedente remoto na crise da Restau- ración a partir da vergoñosa derrota ante Estados Unidos no 1898, e outro próximo no fracaso da Dictadura de Pri- mo de Rivera e gobernos que a segui- ron. No 1898 non só se perden as colo- nias, senón que se poñen de manifesto as prácticas caciquís do sistema, co que a Monarquía perde lexitimidade e se- guiraa perdendo sen remedio ata 1931. Logo da folga xeral de 1917, do de- sastre de Annual (1921), do que se res- ponsabiliza ó propio Rei, e de que a Monarquía é incapaz de dirixir o país cara á democracia, a única solución era o exército, e así aparece en escena a Dictadura de Miguel Primo de Rivera co seu manifesto do 12 de setembro de 1923, que implica o remate do vello sis- * Alfredo Erias Martínez é director do Anuario Brigantino, do Arquivo e Bi- blioteca Municipais de Betanzaos e do Museo das Mariñas. B M http://www.alfredoerias.com A Anuario Brigantino 2001, nº 24 291 ALFREDO ERIAS MARTÍNEZ tema da Restauración, para asimi- larse ó fascismo italiano no poder cando no 1924 crea a Unión Patrió- tica con intención de ser partido único e vontade de permanencia no poder, cousa que provoca a oposi- ción dos demais partidos. Mesmo no propio exército hai divisións e varios intentos de sublevación no 1926. O decreto de Primo de Rivera de creación dunha Asemblea Na- cional, que non era un parlamento senón un órgano colaborador do Goberno, foi outro erro grave: dimi- tirá o 30 de xaneiro de 1930 dando paso á chamada Dictablanda do xeneral Berenguer. No tempo da Dictadura, a UGT foi tolerada mentres a CNT se repri- me con dureza. O movemento obrei- ro, principal inimigo do sistema, rexurdira do fracaso da Primeira República con organizacións cada vez máis fortes desde a década de 1880: os anarquistas (CNT) (Perei- ra, 2000) eran maioritarios e os mar- xistas madrileños, dirixidos por Pa- MB A blo Iglesias, evolucionaron cara a creación (1879) do Partido Socialista Obreiro Español (PSOE) e do sindicato UGT (1888) (Torres, 1992). Por outra banda, o exemplo da Revolución Soviética triunfante de 1917 deu un modelo próximo ó movemento obreiro, que medrará espectacularmente. De todas estas influencias, da crise da Segunda Internacional e do xurdimento da Terceira, nacerá no 1921 o Partido Comunista a partir dunha escisión do PSOE. Pola súa banda, a oposición ó réxime terá tamén outras vías, desde o punto de vista das formacións políticas, con partidos republicanos, rexeneracionistas e rexionalistas, de tendencias diversas que se irán consolidando desde principios do s. XX, mentres, de vez en cando, o campesiñado deixaba oír a súa voz. O xeneral Berenguer e o propio Rei, Alfonso XIII, buscaban unha saída ó réxime favorecendo a reactivación dos partidos no 1930 e 1931, intentando voltar ás institucións emanadas da Constitución de 1876, o que posibilitou a proliferación de mitins, panfletos e demais, ó tempo que se formou un censo electoral para as novas eleccións. Pero diante da polarización crecente na opinión pública, optando por Monarquía ou República, moitos, mesmo conservadores, preferiron aliñarse coas ideas republicanas como freo ó que consi- deraban o verdadeiro perigo: a revolución obreira ó estilo soviético. En agosto de 1930 os máximos dirixentes dos partidos republicanos, socialistas e nacionalistas asinaron o Pac- Anuario Brigantino 2001, nº 24 292 UNHA VIAXE POLO BETANZOS DA SEGUNDA REPÚBLICA... to de San Sebastián que marcou a estratexia a seguir para acadar a inminente República: folga-insu- rrección do 15 de decembro dese ano, con pouco éxito, á que se adianta a fracasada sublevación dos capitáns Galán e García Her- nández, que serán fusilados. Lar- go Caballero, Alcalá Zamora, Maura, Fernando de los Ríos, Ca- sares Quiroga e outros máis en- trarán na cadea da que sairán como heroes meses máis tarde. Sexa como fora, ó remate o Rei quedou só e bastou a estraña fór- mula dunhas eleccións municipais, coas que pensaba relanzar o sis- tema de partidos, para a desapari- ción da Monarquía e a conseguin- te chegada da República, no me- dio do entusiasmo xeral. A República e a Igrexa tiveron desde o primeiro momento unha actitude belixerante. Os republica- nos anunciaran a separación de Igrexa e Estado, supresión do en- sino relixioso e construcción de miles de escolas públicas, etc. A Recorte de prensa (IV-1931) do «Comité de la Conjunción Igrexa seguiu defendendo á mo- Republicano agraria», alusivo á proclamación de narquía (o Rei nomeara ós bispos), candidatos para as eleccións municipais do 12 de abril axudando a reorganizar ós seus e coa crítica conseguinte á «Unión Monárquica» defensores e catalizando o males- e ós «Independientes». tar do exército e dos grupos po- derosos. O Papa atrasou o que puido o recoñecemento do novo réxime e o cardeal prima- do, Pedro Segura, amosou publicamente o seu rexeitamento ós republicanos na pastoral daquel 1º de maio, recomendando a tódolos católicos que votasen a partidos afíns nas futuras eleccións. A guerra social estaba, polo tanto, declarada. Cometéronse moitos erros polas dúas partes e tamén moitas barbaridades. Perdeu a República. Gañou a Igrexa (e as clases sociais que se acochaban detrás dela), pero, en certo modo, tamén perdeu ó estar identificada unicamente cunha parte da sociedade. E con todo esto, perderá España na fratricida Guerra Civil de 1936-39. O presente traballo é un achegamento a algúns aspectos do Betanzos da Segunda República, que parte da proclamación e asentamento do novo réxime para centrarse no fenómeno do anticlericalismo como cerne dun problema que suporía o gran pretexto para a terrible vinganza dos golpistas de 1936 e a conseguinte liquidación do réxime no nome das xentes «de orden». Anuario Brigantino 2001, nº 24 293 ALFREDO ERIAS MARTÍNEZ A cidade de Betanzos como tal tiña en decembro de 1935, a finais da Repú- blica, polo tanto, 5.877 habitantes (Erias, 2000) e a súa pirámide de idades reflicte os efectos da gri- pe de 1918-19 na baixada de xente de 15 a 19 anos e tamén na de 10-14 e 20-24. Por outra banda, e como efecto da emigración, esencialmente masculina, hai na cidade moitas máis mulleres que homes: 3.227 (54,9%) fronte a 2.650 ho- mes. Empeza a dominar xa o sector terciario (34,89%), debido ó comercio, ós ser- vicios e á administración pública, sen esquecer a subida enorme de estu- diantes (a educación pú- blica foi un tema priorita- rio para os republicanos). Pero o sector primario (11,77%) segue tendo peso, sobre todo debido ós campesiños, mentres que o secundario (7,07%) se reduce fundamental- mente ós vellos oficios ar- tesanais en irremediable proceso de decadencia. Por conseguinte, can- do os partidos de esquer- da da nacente República cheguen representando ó pobo traballador, este pobo non estará integra- B do por obreiros de gran- M A des fábricas, que aquí non hai, senón por campesiños e xornaleiros (haberá moitos concelleiros campesiños e mesmo Andrés Beade Méndez, líder do PSOE, será o primeiro deputado na Historia de España con esa profesión) e, en todo caso, polos artesáns e os seus asalariados ou por pequenos comerciantes (en alza). Anuario Brigantino 2001, nº 24 294 UNHA VIAXE POLO BETANZOS DA SEGUNDA REPÚBLICA... Frente a eles, os vellos fidalgos, rendistas, máis ou me- nos transmutados en burgueses, manteñen o seu poder eco- nómico e boa parte da súa influencia social. O enfrontamen- to entre os dous mundos será visible, sobre todo en dous aspectos: a relixión, arredor da que se parapetan os conser- vadores de distintas sensibilidades, e os impostos, sobre todo o que afectou ás súas graneiras. II.- AS ELECCIÓNS MUNICIPAIS DO 12 DE ABRIL E O CONCELLO PROVISIONAL REPUBLICANO As eleccións municipais do 12 de abril de 1931, que os monárquicos crían poder manexar a través dos antigos polí- ticos, converterase nun plebiscito a favor ou en contra da Monarquía. Nese contexto e cos nervios a flor de pel non é estraño que se fale de rumores de golpe de estado (La Voz de Galicia 9-IV-1931 citando a La Libertad). Os contendentes en Betanzos nestas eleccións históri- César Sánchez Díaz, líder dos cas serán: os «Independientes», a «Unión Monárquica» e a «Independientes». «Coalición Republicano-Socialista» (republicanos, socia- listas e agrarios). Os autodenominados «Independientes» (con sede na «Plaza de García Naveira, 21») están encabezados polos tres avogados: César Sánchez Díaz, Agustín Corral Castro e Antolín Sánchez Valeiro. Segundo El Ydeal Gallego do 12- IV-1931 os candidatos eran os seguintes: 1º distrito: César Sánchez Díaz (avogado), Santiago Moretón Simón (comerciante), Valentín Pita Pandelo (comerciante) e Marcelino Garrido Vázquez (propietario). 2º distrito: José Teijeiro Bouza (industrial), Andrés Pérez Sas (empleado), Luís da Pena Casal («agrario»). 3º distrito: Agustín Concheiro Golpe (comerciante), Jaime Costas Peláez (procurador), Luis Barreiro Rodríguez (pro- pietario), Ricardo López Bugallo (agrario), Manuel Añón Vei- ga (comerciante), Manuel Calviño Gómez («agrario»), Miguel Sanmartín García (industrial) e José Mª Torres Vico («agra- rio»). Antolín Sánchez Valeiro, un dos líderes dos Evidentemente, a terminoloxía de «agrario» (en realida- «Independientes». de agricultor ou campesiño, probablemente de certa entida- de) que aquí se emprega parece tentar impedir a apropiación do termo por parte da Fede- ración Local Agraria (FLA) integrada na «Coalición Republicano-Socialista» Rechazan a cualificación de «caciques» que os demais contendentes lles asignan e, curiosamente, nunha das súas follas propagandísticas, abstéñense de falar do seu ideario coa xustificación de que son eleccións «administrativas», polo que din separarse «de esos republicanos de hoy, que en fecha no lejana, rendían entusiastamente pleitesía al dictador para recuperar los puestos de que les privara o escalar otros que en buena lid, no ganarán nunca». Defínense, en definitiva, como «amantes del orden», «guardadores de Anuario Brigantino 2001, nº 24 295 ALFREDO ERIAS MARTÍNEZ nuestra religión» e, por se acaso, «admiradores de la liber- tad, con todo compatible» e, aínda máis, din que queren «justicia y libertad». Está claro que botaron un pouco de tódolos condimen- tos para adaptarse o mellor posible ás circunstancias, pero é evidente que son monárquicos, antirrepublicanos, conser- vadores nun tema tan sensible como a relixión e conserva- dores tamén en materia socioeconómica, tentando manter a estructura social o máis inalterable posible. É evidente que o significado que para eles tiñan as palabras «justicia» e «libertad» difire do da «Coalición Republicano-Socialista». Como herdeiros directos de diversos alcaldes do pasa- do (César Sánchez Díaz era, ademais, irmán do alcalde dese momento, Adolfo, e os dous, fillos, netos e bisnetos de Adolfo Sánchez Díaz, último alcaldes), reivindicaban o bo nome dos seus antepasados, Alcalde da Monarquía. das súas obras, e, por riba de todo, querían aparecer ante os betan- ceiros como xente prag- mática que era capaz de arranxar os seus proble- mas como os seus an- cestros o fixeran. E así, xa figura no seu progra- ma a traída de augas (que será máis tarde unha das obras estrela dos repu- blicanos), ademais do al- cantarillado, pavimen- tación, construcción dunha praza de abastos, fontes, lavadeiros, cami- ños, sanidade, instruc- ción, etc. É o único par- tido que dá relación de proxectos concretos na súa propaganda. Podería pensarse que os seus inimigos políticos fundamentais serían os da «Coalición Republicano-Socialis- ta», pero non é así: o ata- que máis directo estará dirixido contra os políti- B M cos da Dictadura, os da A Anuario Brigantino 2001, nº 24 296 UNHA VIAXE POLO BETANZOS DA SEGUNDA REPÚBLICA... B M A Anuario Brigantino 2001, nº 24 297 ALFREDO ERIAS MARTÍNEZ «Unión Monárquica», ós que acu- san, entre outras cousas, de des- pilfarradores e, por eso, din que van sós ás eleccións «sin contuber- nios, que repugnarían a nuestras conciencias». Pero o ataque non se quedaba só en xeneralidades senón que entraba directamente no terreo persoal: acusación de favorecer ó sogro dun concelleiro na subasta do arrendamento de arbitrios; co- midas, viaxes a Madrid, mala xes- tión en obras públicas (palco da música, etc.) e mesmo ataque á xes- tión de Romay Montoto como Pre- sidente da Deputación. A «Unión Monárquica», segun- do a prensa e as súas follas propa- gandísticas «A la Opinión», apare- ce representada por políticos liga- dos á Dictadura de Primo de Rive- ra, sendo o seu líder, Emilio Romay Montoto, avogado, ex-alcalde (8-II- 1924/17-I-1929) e ex-presidente da Deputación Provincial. O segundo persoeiro en impor- tancia é Tomás López da Torre, avo- gado, sobriño neto por vía materna do gran constructor, Tomás da To- rre Veiga (pai de Andrea, muller do médico, Víctor Cancela Noguerol, que veremos na República). Era fi- llo de Francisco López Torres, la- brador, que chegou a ter a Subdele- Artigo de Tomás López da Torre en «La Voz de Galicia» (7-IV-1931) no que, desde a súa posición daquela como membro de «Unión Monárquica», ata- ca, sobre todo, ós «Independientes», ós que considera «caciques», calificativo que tamén adxudica á «sección» que «ensaya el Himno de Riego», esto é, ós republicanos. Este artigo sería contes- tado con dureza polos «Independien- tes» na folla «A modo de contestación». Anuario Brigantino 2001, nº 24 298 UNHA VIAXE POLO BETANZOS DA SEGUNDA REPÚBLICA... B M A Anuario Brigantino 2001, nº 24 299 ALFREDO ERIAS MARTÍNEZ B M A Anuario Brigantino 2001, nº 24 300
Description: