ebook img

Patrimonio Etnográfico Galego PDF

310 Pages·2015·6.31 MB·Spanish
by  
Save to my drive
Quick download
Download
Most books are stored in the elastic cloud where traffic is expensive. For this reason, we have a limit on daily download.

Preview Patrimonio Etnográfico Galego

V CONGRESO DE PATRIMONIO ETNOGRÁFICO II INTERNACIONAL • A C T A S ACTAS DO V CONGRESO DE PATRIMONIO ETNOGRÁFICO GALEGO (II INTERNACIONAL) O AFIADO E OUTRAS TÉCNICAS ARTESANAIS DE COMUNIDADES RURAIS Coordinan: Xosé Manuel Cid Fernández Fátima Braña Rey Mariló Fernández Senra Xulio Fernández Senra Serie Dirección Mariló e Xulio Fernández Senra Senra Secretaría Fco. Javier Álvarez Campos Coordina Centro Cultura Popular RAIGAME “Xaquín Lorenzo Fernández” Aptdo. 484 Tlf. 988 317880 32080 - Ourense [email protected] www.ccpxaquinlorenzo.es Edita Todos os dereitos de reprodución, adapta- ción, tradución ou representación dos tex- Deseño e Realización infográfica Disigna Edenia, SL tos, ilustracións e fotografías están reser- Impresión Imprenta Deputación Ourense vados, e só poderán ser exercidos por terceiros previa solicitude e corresponden- Dep. Legal OU 292-2015 te permiso dos editores ou dos autores. I.S.B.N. 978-84-608-4318-4 Índice páxina 5 Indrodución Xosé Manuel Cid páxina 7 PARTE I O oficio de afiador e a súa musealización no patrimonio cultural europeo páxina 9 Os afiadores, unha industria ambulante Olegario Sotelo Blanco páxina 15 A Casa das Rodas Florencio Martínez (de Arboiro) páxina 19 Faustino Santalices Muñiz. Doutor en medicina e cirurxía, afiador Cástor Castro de Vicente páxina 23 Les rémouleurs Bernard Bertrand páxina 27 O museo do afiador Negro Giovanni páxina 31 A presenza do afiador na filatelia Mª Elisa Abad Suárez páxina 37 A roda de afiar de Seceda de Caurel Mª Lorenzo Rey e Roi Martínez-Escauriaza Arias páxina 39 O museo da cuchillería de Albacete Mariana de Pascual López páxina 45 PARTE II Outros oficios do rural e a rede museística de Galicia e Norte de Portugal páxina 47 Da materia á idea, do proceso ao obxecto: patrimonio cultural inmaterial e as técnicas artesanais tradicionais Fátima Braña Rey páxina 55 Oficios ambulantes nos lindeiros de Galicia X. Manuel González Reboredo páxina 75 Os oficios como patrimonio cultural. Zurcidoras da montaña, costureiras a xornal nos comezos do s. XX. Historias de vida Alicia González Barreiro páxina 81 A musealización dos oficios tradicionais no Museo do Pobo Galego Belén Saénz-Chas Díaz páxina 85 Unha vida tecendo... e afiando. Unha historia de vida de Rosa Ferreiro García Alba Ojea Cid páxina 91 Andarilhos à roda do mundo Álvaro Campelo páxina 101 Contornos rurais galegos: inspiración estrutural para a unidade veciñal n3 del Polígono de Elviña Sálvora Feliz e Tiberio Feliz páxina 111 Viver do ofício e construção do saber fazer: entre a cultura material, o imaginário social e a represntação museal (Penafiel, sécs. XVIII-XXI) Teresa Soeiro páxina 121 PARTE III Transmisión e pedagoxía do patrimonio inmaterial páxina 123 Ben-Cho-Shey, un mestre interesado polo oficio dos afiadores José Fernández Fernández páxina 139 Os saberes tradicionais e a súa transmisión Santiago Veloso Troncoso páxina 145 Ponte nas Ondas e o patrimonio Raquel Rey Vilas páxina 151 A transmisión dos oficios tradicionais do patrimonio cultural Jennifer Fernández Rodríguez e María Lamelas Fernández páxina 161 A visibilidade do patrimonio etnográfico nas web dos principais museos galegos Aida Ameneiros e Carmen Ricoy Lorenzo páxina 169 Presenza versus ausencia dos Xogos Populares na Web de entidades dedicadas ao tempo de lecer Sara Martínez Carrera e Carmen Ricoy Lorenzo páxina 177 Liñas de actuación para traballar a historia oral dos devanceiros Teresa Grande Piñeiro e Lurdes Arias páxina 187 A inclusión do Patrimonio Etnográfico como estratexia dinamizadora das competencias básicas/chave como elemento curricular Teresa Domínguez Pérez e Belén Sousa Domínguez páxina 193 A escultura dos oficios en Galicia Xabier Blanco Sierra páxina 201 Oficios realizados en Benposta Mª Ángeles Llorente Fernández páxina 207 Pedagogía Social Etnografía e Interculturalidad: balija etnográfica de Venezuela Isabel Peleteiro Vázquez e Domingo Antonio Vivas Peleteiro páxina 217 Historia, etnografía e pedagoxía na ‘península’ de Arboiro a través dos recordos de Florencio Xosé M. Cid, Antía Cid Rodríguez e Sálvora Feliz páxina 225 PARTE IV As falas gremiais páxina 227 Aspectos semánticos do barallete Delfín Caseiro Nogueira páxina 233 Taixicando coas jouchas na xunca, cabacas e toupos: lembranzas dun cabaqueiro (fabricando coas mans no barro, tellas e ladrillos: lembranzas dun telleiro) Mª Esther Pérez Enríquez páxina 239 O barallete dos mulateiros de Parada do Sil como ferramenta de interpretación do Patrimono Juan José García Rodicio páxina 249 Notícia de dous criptoletos gremiais: o galgueamento dos galegos de Lisboa e o calízio dos contrabandistas de Montalegre Jorge Rodrigues Gomes páxina 257 EPÍLOGO páxina 259 Ben-Cho-Shey Isaac Alonso Estraviz páxina 261 APÉNDICE páxina 263 O barallete da Chaira Jorge Rodrigues Gomes Introdución Reconstruír e transmitir a memoria do oficio Ourense é coñecido mundialmente, entre outras cousas, pola chispa que desprende a roda de afiar. Somos un pobo de emigrantes, que tivo presenza nos lugares máis insospeitados do planeta. Alguén ata cantaba que había un galego na lúa. Alá onde fomos hai parte do noso patrimonio, recreado da man de asociacións, centros galegos e toda a infraestrutura cultural que xiraba ao seu redor. Pero a verdadeira pegada, o que constitúe un símbolo inconfundible é o paso dos afiadores polas rúas e estradas dos pobos que percorreron. Ao tempo que todos temos na retina a imaxe dun afiador chegado da Ribeira Sacra, temos tamén a sensación de que esa imaxe vai formando parte do pasado, e o que lle engade dramatismo á situación é que ese pasado vai deixando de existir por non estar escrito. Aquel pasado que só está na memoria oral ten os días contados. O que se escribe pode durar máis no tempo, ou no menos o documento literario ou científico aporta unha versión máis coa que contrastar o que se transmite oralmente. Historiadores, etnógrafos ou intelectuais nos- tálxicos dunha Galicia que outrora existíu, tentan reconstruír ese pasado e por veces algún traballo sobre afiadores chega ás nosas mans. Na escultura e noutras artes tamén queda testemuña gráfica, pero conside- ramos que a memoria do oficio debía ter un espazo de reflexión e debate no marco universitario, a través dun congreso que convocase a investigadores/as, educadores/as, portadores e demais persoas implicadas e interesadas na reconstrución desta parte importante da historia de Galicia. Uns e outros tiñan espazo no marco do Congreso, tanto nas actividades programadas como a través da parti- cipación con relatorios libres. O V Congreso de patrimonio pretende dar cabida a todas estas manifestacións da cultura do afiado, e outras técnicas artesanais de comunidades rurais. Está pensado desde Galicia, pero ten carácter internacional, para achegarnos a realidades doutros pobos mediterráneos, máis semellantes do que podiamos imaxinarnos. Por un lado, a proximidade entre os oficios de afiador e fabricantes de coitelos e navallas (tradición albaceteña); por outro a proximidade xeográfica e humana de Portugal, ruta natural esco- llida por moitos afiadores; finalmente, a irmandade entre afiadores galegos, con colectivos do Pirineo Central francés, e do Val de Resia en Italia. Todos estes territorios aportaron reflexións e investigacións de interese sobre a súa realidade, e ademais mostras materiais do seu patrimonio material e inmaterial (pezas museísticas, producións documentais, páxinas web, etc). Portadores e investigadores viñeron da man para dar este pulo internacional ao congreso. Galicia conta coa memoria dos afiadores e doutros oficios vencellados a comunidades rurais, tanto co teste- muño oral, como con achegas de etnógrafos, antropólogos, filólogos e pedagogos, entre outros intelectuais. No primeiro caso, a Casa das Rodas de Florencio de Arboiro e o labor da Asociación Ben-cho-Shey, así como o recente documental “A última viaxe do afiador”, de Aitor Rei, permiten custodiar boa parte da memoria. Eles foron os protagonistas das saídas de estudo do Congreso, por terras de Liñares, Parada de Sil, Arboiro, Manzaneda e Trives. O estado da cuestión foi presentado polo editor Olegario Sotelo Blanco, autor de inte- resantes investigacións sobre Terras de Caldelas. Museos que acollen outros aspectos da memoria do rural galego e portugués, presentaron tamén a súa historia e actualidade: Vilar de Santos, Allariz, Montalegre e Museo do Pobo Galego. Outras achegas de investigación corresponderon a Xosé Carlos Sierra, Fátima Braña, Xosé Manuel González Reboredo, Santiago Veloso, Isaac Alonso Estravís, Delfín Caseiro e Jorge Rodrigues, desde os máis variados campos do coñecemento das ciencias sociais e humanas. A maior parte das intervencións foron redactadas para incluír nas actas. Ademais o profesor Jorge Rodrigues Gomes elaborou unha rigorosa edición do baralle- te traducido a varios idiomas, coa axuda de diversos colaboradores e colaboradoras: Juan Álvarez e Myriam Lagremee, (francés), Loren Serio (italiano), Marga Rodríguez Rodríguez (alemán e inglés), Armando Ruivo, (portugués). Como transfondo dos diversos debates estivo presente sempre a memoria de dous autores que abriron camiño neste labor de documentar, analizar e divulgar o quefacer dos afiadores e a cultura xerada ao longo dos tempos: Xosé Ramón e Fernández-Oxea (Ben-Cho-Shey), e Xosé Antón Fidalgo Santamariña, estudoso dos afiadores e iniciador deste evento congresual para a posta en valor do patrimonio. Tamén houbo palabras para un escritor da terra que formou parte do programa pero finalmente non puido achegarse ata Ourense, Xosé Fernández Ferreiro. As intervencións dos convidados e convidadas doutros territorios, tamén aportaron como diciamos, memo- ria e reconstrución teórica da memoria: Perrine Bertrand e Bernard Bertrand (autor do texto incluído nas actas), de Francia; Gionanni Negro, Presidente do Museo d’Arrotino di Stolvizza, Val Resia; Álvaro Campelo, de Portugal; Juán Amós Núñez, María de Pascual e Javier Díaz de Pardo, do Museo da Cuchillería de Albacete. Finalmente o tema do “afiado e outras técnicas artesanais de comunidades rurais” convocou a dúas ducias de investigadores e investigadoras, maioritariamente vencellados ás universidades galegas, pero coa partici- pación de Portugal e Venezuela. Os relatorios presentados foron vinte, e practicamente todos son recollidos nesta edición, coa excepción da aportación de Susa Herrera sobre a música dos oficios, que a pesares do seu interese non contamos co texto escrito. As restantes forman parte das actas deste congreso internacional que contou no comité científico con notables expertos nas cuestións abordadas, como son: Marcial Gondar Portasany (USC); Mar Llinares García, (USC); José Antonio Caride Gómez (USC e SIPS); Xavier Úcar Martínez (Universitat Autónoma de Barcelona e SIPS); Américo Peres. (UTAD e SIPS); Uxío Breogán Diéguez Cequiel. (UDC e Murguía. revista galega de historia); Narciso de Gabriel Fernández (UDC e Sarmiento. Anuario Galego de Historia da Educación); Carmen Pugliese (Centro Italiano di Studi Compostellani. Perugia) e Paula Godinho (Universidade Nova de Lisboa). Para todos os autores de ponencias e relatorios, así como aos integrantes dos comités, o noso agradecemento. Tentamos agrupar con algo de coherencia todas as contribucións de ponentes, portadores e relatores, distri- buindoas en catro partes, sendo as dúas primeiras alusivas ao ámbito etnográfico, tanto investigación, como musealización; a terceira que aglutina as intervencións de pedagogos e educadores dos distintos niveis, con propostas de intervención educativa para preservar e por en valor o patrimonio; e finalmente a cuarta que se centra nas falas gremiais, cunha interesante adenda que contén as traducións do barallete. Estender o noso agradecemento a entidades colaboradoras, en particular á Deputación Provincial polo financiamento dos gastos básicos do Congreso e da edición das actas, e tamén a participantes, que por uns días enriqueceron os debates académicos e respiraron os aires frescos dunha comarca, patrimonio natural e cultural de incalculable valor, pero que, se non se remedia, quédase sen xente, que enlace o futuro con esta rica tradición. II O OFICIO DO AFIADOR E A SÚA MUSEALIZACIÓN NO PATRIMONIO CULTURAL EUROPEO

Description:
se expresan dunha maneira soamente entendible para os membros do grupo e gardadas con celoso secreto entre eles. Extrapolando comportamentos, nunha liña parecida, aínda que por intereses varios nos que non procede aquí deterse, pódese dicir que os xoves de hoxe utilizan un vocabulario de
See more

The list of books you might like

Most books are stored in the elastic cloud where traffic is expensive. For this reason, we have a limit on daily download.