REVISTA DE A TENDA DA ESTUDOS ROSALIANOS CASA DE ROSALÍA INICIO / QUE FACEMOS / ACTUALIDADE / O DÍA DE ROSALÍA PASA A CELEBRARSE O 23 DE FEBREIRO O Día de Rosalía pasa a celebrarse o 23 de febreiro SONY DSC A Fundación Rosalía de Castro reuniu a representantes de institucións culturais e educativas para tomaren a decisión de cambiar o Día de Rosalía ao 23 de febreiro logo do recente descubrimento que corrixe a data de nacemento da autora. 18 DE XANEIRO DE 2022 A Fundación Rosalía de Castro convocou esta mañá a diversas entidades culturais e educativas relacionadas co Día de Rosalía para acordaren que as celebracións deste aniversario pasen a ter lugar desde este 2022 o día 23 de febreiro e non o 24 como acontecía ata agora, logo do recente descubrimento por parte da investigadora Sagrario Abelleira que corrixiu a data de nacemento da autora. Acudiron á convocatoria da Fundación Rosalía na Casa-Museo representantes de entidades relacionadas co Día de Rosalía, como o presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega, Cesáreo Sánchez; Xosé Lastra, presidente de Nova Escola Galega; Dores Silveira, da Asociación Socio-Pedagóxica Galega [de forma virtual] ou Olimpio Xiráldez e Erea Estévez Campos, da Asociación de Gaiteir@s Galeg@s. Tamén participaron representantes institucionais, como Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística; Lorena Couso, concelleira de Cultura de Padrón; ou Mercedes Rosón, concelleira de Cultura de Santiago [de forma virtual]. Asemade, asistiu á xuntanza Sagrario Abelleira, investigadora que realizou o achado documental que demostra, entre outros feitos relevantes, que Rosalía de Castro naceu o día 23 de febreiro. A Deputación da Coruña, cuxo deputado de Cultura, Xurxo Couto, non puido asistir por cuestións de axenda, manifestou o seu apoio á decisión tomada. O Día de Rosalía converteuse nos últimos anos nunha das datas máis importantes do calendario cultural galego. Comezou sendo unha data celebrada e reivindicada pola AELG para logo conseguir unha presenza destacada no mundo escolar. Posteriormente chegaría a súa extensión a outros sectores máis amplos da sociedade e, ao mesmo tempo, a con�rmación institucional. Caldo de Gloria e Alborada de Rosalía Logo deste acordo, a Fundación Rosalía de Castro volve chamar á sociedade galega a celebrar o Día de Rosalía, desta volta o 23 de febreiro, lendo os seus textos, cunha Alborada de Rosalía e facendo un Caldo de Gloria, para o que convoca de novo a escolas e restaurantes de todo o país a esta iniciativa inspirada no poema “Miña casiña, meu lar” na que a poeta explica como facer un caldo humilde e no que se relata a épica diaria da supervivencia. Comezou a realizarse con éxito en 2017, cun seguimento masivo en Padrón, e en 2018 xa se converteu nun evento seguido a nivel galego. Este ano volvemos celebrar tamén o Día de Rosalía cunha Alborada en colaboración coa Asociación de Gaiteiros e Gaiteiras Galegas, ao igual que se �xera en 2013, en 2019 e 2021. A “Alborada de Rosalía” é unha peza musical escrita pola propia poeta, polo que facemos desde aquí un chamamento a todos os gaiteiros e gaiteiras de Galicia (e non só: tamén a outros músicos: sexan pandereteiras, requinteiras, tamborileiras, etc.) para dar unha alborada de gloria na súa honra. Moitas outras entidades e asociacións propoñen outras iniciativas e actividades en todo o país que se estenden por todo o mes de febreiro. [Nos vindeiros días publicaremos todos os detalles da celebración por parte da Fundación Rosalía de Castro] Outras novas Bota a andar a exposición sobre os 50 anos da Casa de Rosalía Rosalía na Coruña Máis de 44.000 visitas virtuais en tres meses A Matanza, s/n Boletín da Casa de Rosalía 15917 Padrón (Galicia) Recibe as informacións básicas da nosa actualidade. +34 981 811 204 Insire o teu correo [email protected] Subscríbete CONTACTO PRIVACIDADE | AVISO LEGAL A Casa de Rosalía é a túa casa Bota unha man Faite Amiga ou Amigo, voluntaria/o ou protector/a AMIGAS E AMIGOS DA CASA DE ROSALÍA