O ÁLBUM NA LITERATURA INFANTIL E XUVENIL (2000-2010) tttt Coordinación: Blanca-Ana Roig Rechou Isabel Soto López Marta Neira Rodríguez (USC) Edición: Helena Pérez Produción: Antón Pérez © LIJMI (Red Temática de Investigación «Las Literaturas Infantiles y Juveniles del Marco Ibérico e Iberoamericano»), Biblioteca Novacaixagalicia © Ilustración de cuberta e interiores: Carmen Franco Vázquez © para esta edición, Edicións Xerais de Galicia, S.A., 2011 Dr. Marañón, 12. 36211 VIGO [email protected] ISBN: 978-84-9914-295-1 Depósito legal: VG 628-2011 Impreso en Obradoiro Gráfico, S.L. Polígono do Rebullón, 52 D 36416 Mos (Pontevedra) Reservados todos os dereitos. O contido desta obra está protexido pola Lei, que prohibe a reprodución, plaxio, distribución ou comunicación pública, en todo ou en parte, dunha obra literaria, artística ou científica, ou a súa transformación, interpretación ou execución artística fix ada en calquera tipo de soporte ou comunicada a través de calquera medio, sen a preceptiva autorización. O ÁLBUM NA LITERATURA INFANTIL E XUVENIL (2000-2010) tttttt Coordinación: Blanca-Ana Roig Rechou (USC) Isabel Soto López (USC) Marta Neira Rodríguez (USC/CEU-UVI) Equipo redactor: María Jesús Agra Pardiñas – Eulalia Agrelo Costas – Mikel Ayerbe Emma Bosch – João Luís Ceccantini – Jesús Díaz Armas Xabier Etxaniz Erle – Ana Fernández Mosquera Mar Fernández Vázquez – Mª del Carmen Ferreira Boo Vanessa Ferreira da Silva – Carmen Franco Vázquez Geovana Gentili Santos – Adriana Gewerc José António Gomes – Laura Guerrero Guadarrama Ivonne Lonna – Jose Manuel López Gaseni – Lourdes Lorenzo Maria Madalena Marcos Carlos Teixeira da Silva Isabel Mociño González – Marta Neira Rodríguez Alice Áurea Penteado Martha – Ana Margarida Ramos Sara Reis da Silva – Adelaida Ríos Cruz – Carina Rodrigues Vanessa Rodríguez – Blanca-Ana Roig Rechou – Isabel Soto Christina Soto van der Plas – Victoria Sotomayor Sáez Vera Teixeira de Aguiar – Maria Zaira Turchi – Thiago A. Valente ÍNDICE K Páx. 1. Introdución ................................................................... 7 2. Apontamentos para uma poética do álbum contemporâneo. Ana Margarida Ramos ............ 13 3. Estratexias da produción artística na construción dos álbums. Ilustración e correntes artísticas do século XX. María Jesús Agra e Carmen Franco ................................... 43 4. Unha selección de álbums inesquecíbeis. Mª del Carmen Ferreira Boo ............................................. 69 5. Unha selección para a educación literaria ...................... 81 6. Comentarios para a formación lectora ........................... 113 Ámbito ibérico 6.1. Pello Añorga eta Jokin Mitxelena Gerlari Handia-ren txikitasuna edo ni neu naiz neure etsairik handiena / O meu maior inimigo son eu mesmo ou a pequenez de O Gran Guerreiro, de Pello Añorga e Jokin Mitxelena. Mikel Ayerbe ................................... 115 6.2. Bernardino, de Manuela Bacelar: unidade, equilíbrio e inovação na construção verbo-icónica. Ana Margarida Ramos, José António Gomes e Sara Reis da Silva ........................................................ 133 6.3. Dibuixos de línies, taques i lletres: Per un botó, de Carles Cano i Joma. Emma Bosch ............................ 143 6.4. Unha estratexia para superar teimas: Fiz, o coleccionista de medos, de Fina Casalderrey. Mar Fernández Vázquez ................................................ 151 6.5. Da instabilidade das cores à estabilidade emocional: A Cor Instável, de João Paulo Cotrim e Alain Corbel. Ana Margarida Ramos, José António Gomes e Sara Reis da Silva ....................................................... 161 6.6. Enterrando tabúes: Una casa para el abuelo, de Grassa Toro e Isidro Ferrer. Vanessa Rodríguez ....... 167 6.7. Un álbum literario para nenos sobre personaxes sen idade: Avós, de Chema Heras e Rosa Osuna. Blanca-Ana Roig Rechou .............................................. 177 6.8. Errealitate literarioaren metainterpretazio Kasu Bat: Zangozikin / Zangozikin, un caso de metainterpretación da realidade literaria. Jose Manuel López Gaseni . .......... 189 6.9. Un álbum, várias histórias, múltiplas leituras: o caso de O Livro dos Quintais, de Isabel Martins e Bernardo Carvalho. Ana Margarida Ramos, José António Gomes e Sara Reis da Silva ....................... 207 6.10. Miren Agur Meabe eta Eider Eibarren Mila magnolia lore: testu polifoniaren eta ikuspuntu gurutzaketaren arteko bat egitea / Polifonía textual e interacción visual en Mila magnolia lore, de Miren Agur Meabe e Eider Eibar. Mikel Ayerbe ...................... 215 6.11. El naixement d’un àlbum d’aparent senzillesa: Dues rodones idèntiques? de Neus Moscada. Emma Bosch ................................................................. 237 6.12. Vuelta de tuerca al álbum para los más pequeños: ¿Dónde está Gus?, de Nesquens y Arguilé. Jesús Díaz Armas e Vanessa Rodríguez .......................... 245 6.13. A reivindicación do propio: Chocolata, de Marisa Núñez e Helga Bansch. Eulalia Agrelo Costas ............... 253 6.14. Unha viaxe na busca da identidade: Titiritesa, de Xerardo Quintiá e Maurizio A. C. Quarello. Marta Neira Rodríguez .................................................. 261 6.15. Las varias lecturas de un álbum con aristas: Los tres erizos, de Sáez Castán. Victoria Sotomayor Sáez e Jesús Díaz Armas ........................................................ 271 6.16. Un àlbum de qualitat concentrada: Noms robats, de Tàssies. Emma Bosch ........................... 281 6.17. A magia do diálogo: o verbo e a imagem em Come a sopa, Marta!, de Marta Torrão. Maria Madalena Marcos Carlos Teixeira da Silva . ......... 289 6.18. Cuando la imagen irrumpe y se desborda por el espacio literario: La espera, de Ventura y Delicado. Jesús Díaz Armas e Adelaida Ríos Cruz ......................... 299 6.19. El drama de passar la pàgina: En Faiquè, de Ruth Vilar i Arnal Ballester. Emma Bosch . ............... 307 6.20. Adiskidetasuna errebindikatzen: Ipuinen Haria Ferida Wolffek eta Harriet May Savitzek Idatzia eta Elena Odriozolak ilustratua / Reivindicando a amizade: Ipuinen Haria, de Ferida Wolff e Harriet May Savitz, ilustrado por Elena Odriozola. Xabier Etxaniz ............... 315 Ámbito iberoamericano 6.21. Cacoete, de Eva Furnari: elementos do cômico no álbum narrativo. Alice Áurea Penteado Martha . ....... 331 6.22. Un gran secreto que genera felicidad, Shhh, de Juan Gedovius. Laura Guerrero Guadarrama ............ 341 6.23. O lobo, de Graziela Hetzel e Elisabeth Teixeira: a magia da leitura. Vera Teixeira de Aguiar e Thiago Alves Valente. ................................................. 347 6.24. Barco de papel, de Jorge Luján y Julia Friese. Christina Soto van der Plas ........................................... 357 6.25. Numeralia, de Jorge Luján e Isol. Christina Soto van der Plas ........................................................... 363 6.26. Itinerários de um viajante atípico: uma leitura de Viagens para lugares que eu nunca fui, de Arthur Nestrovski e Andrés Sandoval. João Luís Ceccantini e Vanessa Ferreira da Silva ............................................. 369 6.27. Un gran sueño, de Felipe Ugalde. Christina Soto van der Plas. .......................................... 379 6.28. Lampião & Lancelote, de Fernando Vilela: um encontro inusitado no cangaço. Maria Zaira Turchi e Geovana Gentili Santos .............................................. 387 Comentarios de álbums noutras linguas 6.29. Espacios prohibidos y su traducción: Mummy never told me / The Sprog Owner´s Manual de Babette Cole y Scaredy Squirrel de Mélanie Watt. Lourdes Lorenzo ................................ 395 6.30. Rememoración, homenaxe e esperanza en Erika’s Story, de Ruth Vander Zee e Roberto Innocenti. Ana Fernández Mosquera e Isabel Mociño González ..... 413 7. Selección de bibliografía sobre o álbum. Ivonne Lonna, Carina Rodrigues e Isabel Soto .......................................... 423 8. Equipo redactor e coordinador ...................................... 433 1. introdución K Un ano máis temos o pracer de incrementar esta serie cunha nova publicación, neste caso centrada na análise do álbum no período que vai de 2000 a 2010, unha modalidade editorial de grande éxito e presenza no conxunto da produción des- tinada ao público infantil e xuvenil. Este monográfico, coma os anteriores, xorde do esforzo por dar- lles continuidade e concreción aos obxectivos marcados pola Rede Temática “Las Literaturas Infantiles y Juveniles del Marco Ibérico e Iberoamericano” (LIJMI), creada en 2004, centrados na investi- gación sobre temas concretos que se analizan partido de presupos- tos metodolóxicos e teóricos actuais e cuxos resultados se presentan no Curso de Formación Continua “As literaturas infantís e xuve- nís ibéricas. A súa influencia na formación lectora”, que organiza a Universidade de Santiago de Compostela coa colaboración doutras institucións. A este respecto, queremos deixar constancia expresa do noso agradecemento a Adriana Gewerc por se encargar da parte informática destas actividades da Rede, tanto da publicación coma do curso. O volume ábrese cun primeiro traballo teórico realizado por Ana Margarida Ramos e titulado “Apontamentos para uma poética do álbum contemporâneo”. Nel repasa as características e antecedentes do álbum, que empezou a proliferar a partir da década dos sesen- 7 O álbum na literatura infantil e xuvenil (2000-2010) ta do século XX, coa posmodernidade. A estudosa portuguesa pon de relevo as diferenzas existentes entre o libro ilustrado e o álbum, atendendo en especial á súa flexibilidade para a experimentación, aos elementos paratextuais que o definen: capa, formato, deseño gráfico, etc., e, nomeadamente, á especial relación entre texto e imaxe, que crea unha linguaxe híbrida, un novo modo de comunicar e inter- pretar. Así mesmo, ofrece un exhaustivo panorama da produción de álbums no contexto galego-portugués, identificando as princi- pais tendencias e a evolución experimentada por esta modalidade editorial a partir do nacemento da editorial Kalandraka, engadindo mesmo unha proposta tipolóxica de clasificación. Tras desta introdución xeral, en “Estratexias da produción artística na construción dos álbums. Ilustracións e correntes artísticas do sé- culo XX”, María Jesús Agra e Carmen Franco percorren o pasado da ilustración infantil e identifican as afinidades presentes nas creacións dos ilustradores e ilustradoras actuais con destacados artistas, como, por exemplo, Picabia, Duchamp, Schwitters, Ernst, Klee, Chagall, Magritte, Miró, Chirico, Matisse e Rothko; ou con correntes ar- tísticas coma o pop art, o surrealismo ou a arte abstracta. A análise constitúe un catálogo de exemplos concretos que se detén nas técni- cas máis recorrentemente utilizadas: debuxo, pintura, colaxe e técnica mixta, fotografía, modelado, impresión ou ordenador. A seguir ofrécese “Unha selección de álbums inesquecíbeis” na que aparecen doce obras cualificadas hoxe en día como referentes para a eclosión desta modalidade de libro infantil, publicadas antes da época de consolidación do álbum. Nela, ademais das fichas bi- bliográficas das edicións orixinais, dáse noticia das traducións exis- tentes ás linguas dos ámbitos da Rede e denúncianse baleiros que deberían ser cubertos. Estas fichas bibliográficas compleméntanse cos correspondentes descritores destes auténticos clásicos. Como adoita ser habitual nestes monográficos o seguinte aparta- do constitúeo unha selección de obras que, neste caso, acolle un total de sesenta e catro títulos. O labor de escolma foi consensuado polos membros da Rede LIJMI a partir das súas directrices, coa axuda dos 8
Description: