MESA DE REDACCIÓN Andrés Torres Queiruga (Director) Xaime M. González Ortega (Redactor-xefe) Engracia Vidal Estévez (Secretaria) Agustín Díaz Blanco Xesús Portas Ferro Xabier R. Madriñán Sandra Rodríguez Couso Pilar Wirtz Molezún ADMINISTRACIÓN Amalia Tomé Rocha CONSELLO DE REDACCIÓN Xesús Acuña Garrido (Pontevedra) Amancio Liñares Giraut (Negreira) Xoán Bernárdez Vilar (Vigo) Arximiro López Rivas (Lugo) Alfonso Blanco Torrado (Guitiriz) Xosé Antón Miguélez Díaz (Somozas) Xoaquín Campo Freire (Ferrol) Xosé L. Pastoriza Rozas (Cangas) Hermelinda Dapena Tarela (Pontevedra) Pilar Pena Búa (Cuntis) Manuel Dourado Deira (Rianxo) Victorino Pérez Prieto (Ferrol) Manuel Espiña Gamallo (A Coruña) Xosé María Pin Millares (Vigo) Miguel Fernández Grande (Ourense) Manuel Regal Ledo (Santiago) Bernardo García Cendán (Lugo) María do Carme Solloso Blanco (Narón) Mariano Guizán Sánchez (Ames) Manuel Suárez Suárez (Santiago) Antón Vidal Andión (Vigo) REDACCIÓN E ADMINISTRACIÓN Tel. e Fax 986 846182 - e-mail: [email protected] Rúa Nova de Arriba, 1-6º Dta. 36002 PONTEVEDRA Precio subscrición (5 números): l Ordinaria..................................... 2.500 Pta l De apoio...................................... Desde 3.000 Pta l Estudiantes ou parados.............. Desde 1.500 Pta l Número solto.............................. 600 Pta Publicación bimestral CONTAS CORRENTES Caixa de Aforros de Galicia: 2091-0342-28-3040000681 - Santiago BBVA: 0182-0408-14-0204369840 - Pontevedra Graficolor MINERVA, S.L. - Polígono do Tambre - Rúa Gutenberg, 5 - Santiago - D.L. C-80-1977 - I.S.S.N. 1131-6519 Revista galega de pensamento cristián Nº 123/Volume XXV (2001/maio-xuño) SUMARIO Guieiro, por Xaime M. González Ortega..................................... 3/219 ESTUDIOS Un modelo eclesiástico para o século XXI, por José Antonio Martínez Domínguez......................... 5/ RETOS DA PASTORAL XUVENIL A pastoral xuvenil. Retos e esperanzas, por Luís Seoane Ares...................................................... 20/ Xermolos de esperanza na mocidade da Igrexa galega, por Varios autores ........................................................... 29/ ACHEGAS Laín Entralgo: a esperanza e a saudade, por Andrés Torres Queiruga........................................... 55/ SEMANA GALEGA DE FILOSOFÍA Conclusións da XVIII Semana galega de filosofía: filosofía e tecnoloxía, por Eduardo García Parada............................................. 62/ ENCONTRO DE MULLERES E TEOLOXÍA XI Encontro de mulleres e teoloxía. E vós, mulleres ¿quen dicides que son eu?, por Marisa Vidal.............................................................. 70/ IN MEMORIAM Andrés Simón Lorda (1968-2001), por Pablo Simón Lorda................................................... 75/ CRÓNICAS Crónica política: Catro meses en tensión, por Agustín Díaz............................................................... 78/ Rolda da cultura: A precariedade de certas riquezas, por Xoán Bernárdez Vilar ................................................ 85/ Rolda da Igrexa: Para ser testemuñas da esperanza, por Victorino Pérez Prieto.............................................. 95/ RECENSIÓNS No colo da miña nai, de Xesús Portas Ferro, por X. Amancio Liñares Giraut...................................... 107/ Terra e progreso. Historia agraria da Galicia contemporánea, de Lourenzo Fernández Prieto (Ed.), por X. Amancio Liñares Giraut...................................... 108/ Camiño de Emaús, deica un deus terriblemente humano, de Xoaquín Agulla Pizcueta, por Xosé A. Miguélez Díaz............................................ 111/ Breviario enciclopédico. Letras, historias e tradicións populares de Galicia, de Camilo Fernández Valdehorras (Ed.), por Mª Teresa Monteagudo Cabaleiro........................... 113/ Libros chegados á Redacción por Engracia Vidal Estévez............................................ 116/ ILUSTRACIÓNS por Soledad Pite.................................................... 52/, 72/ Guieiro Desde o Vaticano II tense feito un decidido esforzo por adaptar a figura do crego ás necesidades das comunidades e ás demandas da modernidade, un esforzo moitas veces afogado desde arriba e diluído pola rutina e o conformismo. O estudio deste número reflexiona, ó fío dun documento da Congregación para o clero sobre o papel e o estilo dos cregos neste novo milenio; faino desde unha perspectiva histórica, remon- tándose ó século XIII. O autor xustifica esta ollada retrospectiva na influencia que o modelo daquela proposto –no concilio Laterannese IV– tivo e ten aínda na actualidade. O groso deste número está dedicado a un tema ben diferente, pero non sen relación co anterior: a pastoral xuvenil. ¿Quen non está desconcertado pola xuventude actual, xuventude educada nunha cultura laica e empapada polos valores do consumismo e do escepticismo posmoderno? A primeira intención de Luís Seoane no seu artigo A pastoral xuvenil: retos e esperanzas é a de matizar as apreciacións que só ven aspectos negativos, porque os mozos e mozas de hoxe tamén son vitais, utópicos, solidarios... e non son arrelixiosos. Logo descubre, en forma de breves notas, os retos da pastoral xuvenil e propón unha mostra de actitudes que deberían definir as persoas e as comunidades onde os mozos poidan achar un referente. Pero non se trata só de teorizar, senón tamén de mostrar experiencias reais que adianten estilos, talantes, maneiras de traballar cos mozos e mozas... Desde pequenas asociacións como ¡Xaire! ou Panxea, ata organizacións cunha dilatada experiencia como a Pascua Xove, pasando por algunhas reflexións persoais, enchen vintecinco páxinas onde se nos relatan, desde dentro, antecedentes, obxectivos, achados e ilusións. Os exemplos corresponden, en moitos casos a experiencias xestionadas polos propios mozos, o que lles dá un selo de maior realismo. Ó tempo que este número se preparaba para a imprenta morría Laín Entralgo, unha figura senlleira para a cultura hispánica. En lembranza rescatamos un texto que o noso director leu na homenaxe que se lle fixera con motivo do seu 90 aniversario, e no que o relaciona cun tema tan noso como o da saudade. Tamén nos deixaba traxicamente Andrés Simón, unha perda que Encrucillada sente moi próxima. Na súa memoria reproducimos as palabras lidas no seu funeral polo seu irmán Pablo. Complementan o número, amén das crónicas da actualidade, as conclusións da XVIII Semana galega de filosofía e o XI Encontro de mulleres e teoloxía. Xaime M. GONZÁLEZ ORTEGA [email protected] Estudios Un modelo eclesiástico para o século XXI: reflexións desde a historia Por José Antonio MARTÍNEZ DOMÍNGUEZ No 1999, en pleno proceso de preparación do Xubileo 2000, a Congregación para o Clero presentaba un documento que, dirixido a todos os presbíteros, achegaba toda unha serie de recomendacións sobre o ser, o estilo e o modelo de comportamento para o sacerdote do s. XXI1. Un interese por parte da Curia que constitúe unha boa oportunidade para afondar, modestamente, na reflexión aberta sobre o papel dos sacerdotes e, en sentido amplo, dos eclesiásticos, na Igrexa e na sociedade deste milenio no que xa estamos. E trátase de que cada quen, desde as súas inquietudes e o seu campo de traballo, enriqueza esta reflexión con propostas abertas e constructivas. Un modelo eclesiástico para o século XXI No fondo o que está a facer a Congregación para o Clero é presentar un modelo eclesiástico para os tempos que veñen. Entendemos por modelo eclesiástico o conxunto de valores que deben rexer a quen o segue, os rituais que o singularizan, e a conducta que debe practicar na súa vida. Preferimos falar de modelo e non de ideal eclesiástico, porque xeralmente este segundo concepto se sitúa no plano do utópico, do inalcanzable, coa única función de ser referente, cando o que verdadeiramente se está a propor é un conxunto de valores-rituais-conducta que ten o seu reflexo na práctica e que, lonxe de ser único, pode funcionar xunto a outros modelos eclesiásticos diferentes. 1 El presbítero, maestro de la Palabra, maestro de los sacramentos y guía de la comunidad ante el Tercer Milenio cristiano. Extraído da páxina web da Congregación para o Clero, www.clerus.org, da cal a propia Congregación estimula o uso a todos os sacerdotes. 5/221 José Antonio Martínez Domínguez Presentar un modelo eclesiástico comporta, implicitamente, optar e amosar un modelo de Igrexa e do papel que se quer que xogue na sociedade, así como o posto e o papel que se destina ós sacerdotes e eclesiásticos na propia Igrexa e no eido social. Mais non é a primeira vez –nin será a última– que a Igrexa se atopa impelida polo devir social a resituarse e a resituar o conxunto dos eclesiásticos para que podan exercer o seu labor e responder ós retos que a sociedade lle presenta. Podemos remontarnos, como así faremos, ó magno proxecto de reforma promovido por Inocencio III, que tivo a súa concreción fundamental na celebración do Concilio Lateranense IV (1215) e o seu conseguinte corpus lexislativo, de tanta influencia para a vida da Igrexa e dos eclesiásticos, que non só nos enlaza directamente con Trento, senón que nos leva nun continuo ata o Vaticano II. E se ben a importancia deste segundo é o referente claro para comprender a fondura dos cambios do primeiro, queremos contrastar o modelo eclesiástico que nos propón esta carta da Congregación para o Clero, co que xestou hai case que oito séculos Inocencio III para poder explicar mellor un e outro. A historia como mestra de vida, unha visión, unha función, que parte da Antigüidade e que segue a ter o seu éxito na actualidade. Estudiar o pasado para comprender o presente e construír un futuro mellor, unha relación pasado-presente-futuro que estivo na mente de moitos de aqueles que se achegaron a investigar o pasado e de quen leron as súas obras. Mais un tema como o que abordamos esixe, sen dúbida ningunha, afrontalo desde novas perspectivas, desde unha relación pasado-futuro-presente, que nos permitirá, ademais de achegármonos coa mesma fidelidade ó pasado, analizar o presente máis criticamente e alcanzalo desde a imaxe dese futuro único que se nos impón, un futuro dirixido que nos fala ás claras do presente que vivimos, e un pasado múltiple e diverso que nos dá pé para pensar, propor e construír futuros alternativos, que non teñan porque seguir a orientación que se lle quere imprimir. Unha necesaria viaxe ó s. XIII ¿Que nos leva a remontarnos ó s. XIII para analizar un tema tan actual? En primeiro lugar que o modelo eclesiástico que se propuxo tivo e ten, nas súas liñas xerais, unha enorme influencia ata a actualidade, como observaremos posteriormente coa análise do documento da Congregación para o Clero. Por outra banda, porque estamos convencidos de que a comprensión do feito eclesial e dos eclesiásticos só se pode entender a 6/222 Un modelo eclesiástico para o século XXI: reflexións desde a historia través da análise das fondas raíces que o sustentan, e que unha mirada crítica sobre o noso presente e, sobre todo, sobre o futuro que nos amosa como certo e como saída, constitúe unha perspectiva moi clarificadora que nos permite afondar no entendemento dos feitos e procesos ocorridos no pasado. Como proba da vixencia/presencia do Lateranense IV e do que alí promoveu Inocencio III, podemos situarnos no ano 1975, en pleno debate do teólogo H. Küng sobre a posibilidade de que un segrar presidise a Eucaristía, ó que a Congregación para a Doutrina da Fe respondeu establecendo: “(...) Tamén a opinión xa insinuada polo profesor Küng no libro ‘A Igrexa’ e segundo a cal a Eucaristía, polo menos en caso de necesidade, pode ser consagrada validamente por persoas bautizadas carentes da orde sacerdotal, non pode estar de acordo coa doutrina dos Concilios Lateranense IV e Vaticano II (...)”2. Unha aseveración que, independentemente da nosa opinión sobre o tema, representa toda unha invitación a analizar non só este pretendido “monopolio” eucarístico dos presbíteros que se mantén ata os nosos días, senón sobre todo a indagar en que Igrexa e en qué sociedade se dictaron tales normas, que teñen que ver coa situación que vivimos actualmente, qué tipo de clero se estaba a propor e qué nos queda dese modelo eclesiástico de hai oito séculos. Son varios os paralelismos e semellanzas que permiten analizar este documento xubilar respecto do proceso medieval. Primeiramente, observamos un certo paralelismo entre a situación de crise en que se atopaban a Igrexa e os eclesiásticos do século XIII e a actual. Crise entendida desde o sentido primixenio da palabra, como cambio, unha mudanza que crea incertezas e temores, mais que non se ten porque enfocar desde un punto de vista negativo. O s. XIII foi un século de cambios, como o actual. Agromaban e íanse consolidando as cidades, xestándose unha nova sociedade cuns emerxentes grupos sociais que reclamaban o seu protagonismo. Unhas novas realidades, unhas renovadas espiritualidades, que xorden desde a base, e que buscan respostas ós seus novos problemas e un novo xeito de atopar a Deus. É a hora das herexías de masas (como valdenses e cátaros), do nacemento das ordes mendicantes, sobre todo franciscanos e dominicos, que se dirixen e atopan o seu público neses puxantes grupos urbanos que continúan a crecer. Só desde aí podemos entender esa reforma xeral da Igrexa, na súa totalidade, que emprende Inocencio III e que cristaliza no Lateranense IV, como a busca de resituar 2 Boff, L., Las comunidades de base reinventan la Iglesia, Salamanca, 1980, pax. 99. 7/223 José Antonio Martínez Domínguez a Igrexa na sociedade e o eclesiástico no interior da Igrexa e no conxunto da sociedade. Ben é certo que o referente máis claro do cuarto concilio laterano, pola súa universalidade, as súas amplas miras e o seu carácter reformador, o temos que buscar no Vaticano II. Mais sen estar desenvolto en todos os seus aspectos, xa porque non se quixo, xa porque non se puido, a aceleración das transformacións neste final de século impélennos a buscar ese lugar para a Igrexa no novo milenio e resituar a figura do eclesiástico, nunha crise que como manifesta o bispo Uriarte non é excepcional, senón que se insire na da propia Igrexa e na da sociedade3. Atopámonos na era dos cambios, da globalización, do neoliberalismo no económico, do postmodernismo no cultural, da negación dos absolutos, da exacerbación do invididualismo, da pretendida desmobilización social e do pensamento único, na era da información, onde todo se nos di posible mais onde todo parece predeterminado. Unha relación dos aspectos negativos, que nos poden facer caer nunha visión pesimista do mundo, da inmobilidade e da desesperanza. Mais tamén, e moito máis importante, unha época chea de posibilidades para quen viven anunciando e construíndo o Reino. Un novo milenio, un reto para a Igrexa. Ante esta situación a xerarquía actual responde, aínda que pareza raro, desde concepcións e presupostos parecidos ós de Inocencio III: unha aposta clara por unha reforma in capite, quere dicir, de arriba a abaixo, centrándose na mellora dos sacerdotes, para así posteriormente conseguir unha mellora xeral do conxunto da Igrexa; un indicio inequívoco de que os laicos son obxecto de pastoral, fronte a uns sacerdotes que son urxidos a non delegar a súa función pastoral4; e un esforzo reiterado por subliñar a configuración dos eclesiásticos como un grupo social diferenciado, como base necesaria para que o seu traballo pastoral non se desvirtúe, reflexión que, como 3 J. M. Uriarte, Vida y Ministerio “desvalidos”, Id y Evangelizad 18 (marzo-abril 2000), paxs. 3-7. 4 Aspecto que realmente chama a atención se nos atemos ós decretos do Vaticano II que falan sobre o papel do laico na Igrexa. Ou mesmo se pensamos que é este documento ten como fundamental a Nova Evanxelización, quere dicir, nesta nosa Europa de “antiga cristiandade (...) onde grupos enteiros de bautizados perderon o sentido vivo da fe ou incluso non se recoñecen xa como membros da Igrexa (...)”, mais tamén onde viven e comparten a súa fe moitos cristiáns formados que forman parte do entramado parroquial. Un enfoque que nunca se adoptaría nun documento para a misión ad Gentes, non só pola conciencia da escaseza de eclesiásticos, senón sobre todo polo protagonismo destacado dos laicos no nacemento e crecemento de moitas destas Igrexas novas. ¿Quen non podería pensar que se propoñen dous modelos de Igrexa, unha con sacerdotes e outra con escaseza deles? ¿Quen non pode temer pola disimetría existente entre esas dúas Igrexas, co predominio da de Nova Evanxelización? 8/224
Description: