PORTADI,PROLO,PRESENT tomo1.qxp 22/11/05 10:54 Página 1 PORTADI,PROLO,PRESENT tomo1.qxp 22/11/05 10:54 Página 2 Amor Ruibal,Ángel Los problemas fundamentales de la Filología Comparada : su historia, su naturaleza y sus diversas relaciones científicas / por A. Amor Ruibal. – Santiago de Compostela : Consello da Cultura Galega, Sección de Filosofía e Pensamento,2005.– 2 v.;21 cm DL VG-1227-2005 .– ISBN 84-96530-06-X (o.c.) Reprod. facs. da ed. de Madrid: Fernando Fé, 1904-1905 (Santiago :Tip.Galaica) 1. Filoloxía-Estudos e conferencias. I. Consello da Cultura Galega. Sección de Filosofía e Pensamento.II.Título EDITA: © Consello da Cultura Galega,2005 Pazo de Raxoi,2º andar Praza do Obradoiro,s/n 15705 Santiago de Compostela Tel.981 957202 Fax 981 957205 [email protected] REALIZACIÓN: Táktika Comunicación Depósito legal:VG-1227-2005 ISBN 84-96530-07-8 (v.1) ISBN 84-96530-06-X (o.c.) PORTADI,PROLO,PRESENT tomo1.qxp 22/11/05 10:54 Página 3 PRESENTACIÓN O Consello da Cultura Galega, por iniciativa da Sección de Filosofía e Pensamento,decidiu publicar a edición facsimilar de dúas obras,singular- mente importantes, de Amor Ruibal, que agora presentamos: Principios Generales de Lingüística Indo-Europeae os dous tomos de Los problemas funda- mentales de la Filología Comparada, rescatándoas dun inxusto esquecemento por seren esenciais tanto na filosofía coma na lingüística.Este feito terá o seu adecuado complemento na realización dun simposio,que se celebrará no salón de actos do Consello da Cultura Galega os días 15, 16 e 17 de decembro de 2005. Amor Ruibal –home de sorprendente personalidade e autor de obras primordiais que tiveron máis repercusión nalgúns países europeos que no noso,como Los problemas fundamentales de la Filosofía y el Dogma,en dez volu- mes– foi un excepcional lingüista que lle dedicou especial atención á lin- gua e á cultura galegas;entre os seus máis grandes desexos,que non puido cumprir en vida, estaba a redacción dun “Diccionario etimológico galle- go”,que contribuiría á reconstrución da vida interna do idioma,determi- nando o seu significado e a súa identidade. Amor Ruibal foi sabio en moitos campos do coñecemento,como a teo- loxía, a filoloxía, o dereito e tamén a filosofía, cunha preparación excep- cional baseada, por unha parte, en ser un políglota salientable que mane- xaba idiomas antigos (grego, sánscrito, hebreo, persa e copto) e actuais (francés,inglés,alemán e,por suposto,galego e castelán),e,por outra,no intercambio literario que lle subministraban publicacións de Francia, Alemaña e Italia,estando deste xeito ao tanto das ideas e da investigación alén das nosas fronteiras. Para o Consello da Cultura Galega é gratificante promover a análise de personalidades salientables e exemplares para a nosa cultura,como Amor Ruibal,a figura especulativa máis importante do seu tempo en varias esfe- ras do coñecemento,cumprindo así unha das nosas obrigas,que é a defen- sa e promoción dos valores culturais do pobo galego. Alfonso Zulueta de Haz Presidente do Consello da Cultura Galega V PORTADI,PROLO,PRESENT tomo1.qxp 22/11/05 10:54 Página 4 PORTADI,PROLO,PRESENT tomo1.qxp 22/11/05 10:54 Página 5 PRÓLOGO Obra filolóxico-lingüística de Ángel Amor Ruibal O contexto A principios do século XX, en 1904 e 1905, Ángel Amor Ruibal (1869-1930), filólogo, filósofo e teólogo da entón Universidade Pontificia de Santiago de Compostela,na que foi catedrático de Linguas Bíblicas e de Gramática Comparada, publica dous volumes de filoloxía ineludibles para o estudo científico da linguaxe. En 1900 traducira a obra de P. Regnaud Principios generales de Lingüística Indo-Europea (Tipografía Galaica, Santiago). Nela, co título de “Ciencia del Lenguaje”e ao pé da páxina,foi introdu- cindo un estudo paralelo á tradución.O seu enfoque sitúa xa a linguaxe no centro da cognición humana,sintetizando a achega histórica e filolóxica do comparatismo e proxectándoo en rela- ción coa psicoloxía e coa antropoloxía. O estudo ocupa máis páxinas –en total 136– que a tradución do propio libro de Regnaud.Nel quedan perfiladas as directrices xerais das obser- vacións filolóxicas e paulatinamente lingüísticas do autor, pio- neiro,en España,do enfoque cognitivo da linguaxe a partir do comparatismo daquela aínda predominante en Europa. Ángel Amor Ruibal culmina así unha tradición española de reflexións gramaticais, en paralelo cos autores e coas escolas máis repre- sentativas de Francia,Italia e Alemaña,na fronteira dos séculos XIX e XX, fundamentalmente, e cun transfondo clásico de gran relevo,tanto oriental coma occidental. Aos vinte e tres anos, en 1892, aínda seminarista, participa cunha gramática sirio-caldaica nun certame internacional con- vocado pola Altorientalische Gesellschaft de Leipzig e gaña o ter- ceiro premio. Grazas a isto, dende 1893 pertenceu á devandita sociedade e colaborou despois con outras de Francia, de Italia e tamén de Alemaña. Lamentablemente, só nos queda noticia –iso si, documentada– desta gramática e do certame. Dous VII PORTADI,PROLO,PRESENT tomo1.qxp 22/11/05 10:54 Página 6 anos despois, no curso 1895-1896, hai indicios de que puido estudar Lingüística no Instituto de Linguas Orientais de Roma, cos mestres De Mandato,Calligaris e o orientalista Gismondi. En 1904 publica o primeiro volume de Los problemas funda- mentales de la Filología Comparada. Su historia, su naturaleza y sus diversas relaciones científicas(Santiago,Tipografía Galaica),de 376 páxinas.Aparece o segundo en 1905,de igual título,publicado tamén en Santiago, na Imprenta e Encadernación da Universidade Pontificia.As páxinas son agora 736. Os dous volumes constitúen a obra máis representativa e fundamental do comparatismo filolóxico e lingüístico a come- zos do século XXen España.Foi acollida con grandes encomios en varias cidades de Europa (sobre todo Roma, París, Leipzig, Berlín) e en Cuba, onde situaban o autor entre as principais figuras da ciencia lingüística.Ramón Menéndez Pidal felicita o seu paisano por esta obra nunha carta do 12 de xaneiro de 1907. E, non obstante, a excepción dalgúns casos illados, Los problemas fundamentales de la Filología Comparada apenas teñen relevancia no conxunto da historiografía das diversas escolas filolóxicas e lingüísticas de España, malia ser un tesouro de sabedoría sintética concernente ao desenvolvemento,método e fundamentos da Ciencia da Linguaxe, dende os idiomas máis remotos aos contemporáneos seus. Ángel Amor Ruibal era políglota e manexaba tanto linguas bíblicas e antigas (grego, sánscrito, hebreo, árabe, latín, sirio, persa e copto) como modernas,nacionais ou daquela rexionais (español,galego,ita- liano,francés,inglés,alemán,etc.).Este coñecemento amplo de idiomas e mais o de gramáticas indias permitíronlle facer un balance crítico, histórico e antropolóxico da estruturación sis- temática e científica da linguaxe. É, por outra banda, o primeiro filósofo e teólogo español, podemos dicir europeo, que, aínda novo, con trinta e catro anos, emprende o estudo dos fundamentos filolóxicos e lin- güísticos do pensamento, así como, viceversa, os antropolóxi- cos e psicolóxicos da linguaxe,e todo iso antes de iniciar o sis- tema crítico e expositivo da súa filosofía e teoloxía. Para os dous casos baséase no correlacionismo gnoseolóxico.O seu enfoque encádrase no contexto que a finais do século XIXe comezos do VIII PORTADI,PROLO,PRESENT tomo1.qxp 22/11/05 10:54 Página 7 XX valora o relacional da linguaxe, do coñecemento e da reali- dade.As súas reflexións atinxen por iso a ontoloxía,a gnoseo- loxía e a lingüística, de onde partiu, moi probablemente, a súa inspiración crítica e filosófica. Baixo tal aspecto, o organicismo amorruibaliano cadra perfectamente na modernidade contem- poránea. O corte que establece co pasado, reinterpretando as súas fontes, resulta decisivo nos niveis filolóxico-lingüístico e filosófico. Los problemas fundamentales de la Filosofía y del Dogma, publicados en dez volumes –seis en vida do autor, os outros son póstumos, e actualmente con nova reedición en curso–, dende 1914 ata 1936, son, como o seu título indica, o correla- to na sistematización do pensamento daqueles outros Problemas fundamentales de la Filología Comparada. A súa dedicación filolóxica queda patente ademais en artigos e estudos, algúns deles perdidos, pero aos que aludiu en varias ocasións. Coñecemos “Las peregrinaciones a Santiago. Los nombres de Libredón y Compostela”(Diario de Galicia,25 xullo, 1909);“Examen glotológico de las antiguas denominaciones de la Rua del Villar” (Diario de Galicia, 4 maio, 1918); “La lengua gallega y su léxico etimológico” [Faro de Vigo, 1 xaneiro, 1927, publicado antes (1924; segundo J. Filgueira Valverde, 1923) no Almanaque Gallegode Bos Aires e reproducido logo en Grial,25, xullo-agosto-setembro (1969), 354-359]; “La cruz svástica en Galicia. La cruz svástica no es céltica” (Faro de Vigo, 25 xullo, 1939), etc. A eles hai que engadirlles unha entrevista substan- cial, moi reveladora sobre o estado do estudo comparativo e antropolóxico do idioma galego, que lle fai Xavier Pardo o 25 e o 26 de xullo de 1925 en Galicia.Diario de Vigo1. Cando morreu,en Santiago de Compostela o 4 de novembro de 1930, traballaba sobre o texto sirio do Código de Hammurabi,con tradución crítica ao español e considerando as súas relacións coa lexislación mosaica. Redactaba tamén unha “Gramática comparada de las lenguas indoeuropeas” e outra das camítico-semíticas, así como un “Diccionario etimológico de la lengua gallega”, obras que lamentablemente hoxe non se 1.- Estes artigos incorporounos recentemente J.Leonardo Lemos Montanet á descrición biográfica do autor en “Obra Viva”de Ángel Amor Ruibal.Santiago de Compostela,CSIC,Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos,2004.(Cuadernos de Estudios Gallegos.Anexo 32). IX PORTADI,PROLO,PRESENT tomo1.qxp 22/11/05 10:54 Página 8 encontran.Sobre todo,el mesmo indicou o propósito de reedi- tar e ampliar a súa obra filolóxica principal:Los problemas funda- mentales de la Filología Comparada.E aínda que non puido realizar este empeño,a obra orixinal conserva importancia decisiva. Consciente da relevancia histórica da achega ruibaliana, a Sección de Filosofía e Pensamento do Consello da Cultura Galega decidiu reeditar en edición facsimilar e tipográfica a obra filolóxica e lingüística de A.Amor Ruibal,xa publicada en libro,inxustamente esquecida e apenas aproveitada en todas as súas potencialidades. A oportunidade desta reedición é dobre. En primeiro lugar, recuperamos con ela unha obra fundamen- tal do patrimonio filolóxico e lingüístico do comparatismo e da teoría da linguaxe en España.En segundo lugar,celebramos así o centenario de Los problemas fundamentales de la Filología Comparadaxa que neste ano 2005 cúmprese un século exacto da publicación do segundo dos volumes. A reedición serve, ademais, como base dun complemento indispensable: a convocatoria dun Simposio Internacional que estude o contexto, as fontes e a importancia desta obra singu- lar, que inicia con sentido moderno os estudos lingüísticos en España e restitúenos ao marco xeral da lingüística europea. Breve resumo do sistema amorruibaliano da linguaxe Los problemas fundamentales de la Filología Comparada constitúen sen dúbida unha decisiva contribución hispánica á teoría da lin- guaxe. Representan unha síntese penetrante e crítica do pano- rama teórico da gramática comparada antes e despois da ava- liación do sánscrito respecto doutras linguas antigas e contem- poráneas. Aínda que se trata dun compendio histórico e expositivo, sobre todo en canto ao primeiro volume, dende os Vedas, as linguas clásicas e modernas, ata o simbolismo glotolóxico de fins do século XIX e comezos do XX, esta obra adianta e funda- menta presupostos científicos da linguaxe.No horizonte filoló- xico do autor están,entre outros,El Brocense,o P.Sarmiento, Hervás y Panduro, a quen considera, con W. von Humboldt, tamén presente na súa obra,“creador da Ciencia da Linguaxe”. X PORTADI,PROLO,PRESENT tomo1.qxp 22/11/05 10:54 Página 9 Ángel Amor Ruibal anuncia xa os fundamentos xerais da ciencia lingüística actual.Podemos mesmo dicir que en España nacía con el un método crítico e científico do estudo da lingua. Centrado na análise e controversia dos paleogramáticos, con Bopp á cabeza,e neogramáticos,Amor Ruibal engade ao méto- do analítico-experimental daqueles o proceso psicolóxico-lin- güístico dos outros, contrarrestando así os extremos dunha e doutra escola:o fonetismo en canto lei necesaria e cega,a aglu- tinación en calidade de principio xeral explicativo, a analoxía como causa evolutiva,etc. Desta crítica deriva un “xusto medio”, indutivo na base e dedutivo nos principios,que contén os xermes do estruturalis- mo posterior e ata de teorías máis recentes sobre o fondo cog- noscitivo da linguaxe e lingüístico do pensamento. A iso res- ponden a consideración social e colectiva da linguaxe en canto sincretismo de variantes individuais sometidas a factores de orde interna e externa, sobre todo a “lei do menor esforzo”, tamén chamada de “economía” –Passy–, e a de “maior forza significativa”, contrapostas ao “círculo xeral fonético” e á “Artikulationsbasis”,factores de calquera unidade glotolóxica. O principio formal da linguaxe actúa, latente, nas súas con- formacións fundamentais, fonéticas, morfolóxicas ou sintácti- cas:a estrutura contén as partes;a frase,os vocábulos;a palabra, os fonemas, etc. A linguaxe é realidade psicofísica de carácter individual. En canto ergon –noción procedente de Humboldt– sitúase, non obstante, na orde figurativa e metafórica, como as matemáticas. Deste modo, os conceptos de linguaxe, lingua, latencia, ener- geia e ergon (humboldtianos), recepción e produción verbal, así como os de signo e símbolo (que permiten a redución sistemá- tica) e o concepto de nome en El Brocense sitúannos ante unha constitución presaussureana da linguaxe, en paralelo con Humboldt e Bréal,ao mesmo tempo que proxectan o fenóme- no lingüístico na hermenéutica e desentrañan o fundamento trópico do coñecemento. Mesmo atopamos aquí, antes que en A. Martinet, pero formulada doutro modo, unha articulación dobre, e ata tripla, da linguaxe. Entrevemos así mesmo o impacto analítico da escritura sobre as divisións fonolóxicas e XI PORTADI,PROLO,PRESENT tomo1.qxp 22/11/05 10:54 Página 10 o organicismo da linguaxe en función cognitiva, o que enmar- ca tamén ao autor galego entre os pioneiros do xiro lingüístico, pero con base construtiva. Ángel Amor Ruibal reinterpreta en España as transformacións gnoseolóxicas e lingüísticas que operaban en Europa ao comezo do século XX. Del puido deri- var unha escola lingüística e filosófica de grande altura. Ángel Amor Ruibal insinúa así outro enfoque ou mira do fenómeno orgánico da linguaxe, cuxa vertical remite así mesmo, como na arqueoloxía moderna, á horizontal das capas que o vento respirado dos séculos superpón, sepultándoas. A evolución das moléculas a tecidos e órganos expande un tempo vital máis intenso que o acernado polo corte sincrónico do sis- tema. As linguas en contacto compenétranse en diferentes niveis e, ás veces, por algo máis que simple xustaposición asi- milativa, “con verdadeira incorporación fonética e semántica, ou sexa,por ‘intususcepción’”.A diacronía non pode aforrar o factor biolóxico que a subtende,é dicir,a “vida interna”da lin- guaxe, que o filólogo galego procuraba mesmo ao elaborar un “‘Diccionario etimolóxico galego’, seriamente traballado”. É o logos vital do coñecemento,a “razón xenética”da linguaxe.O correlacionismo gnoseolóxico de Ángel Amor Ruibal ábrenos a outra visión do pensamento lingüístico. Antonio Domínguez Rey XII