ebook img

Gramática Histórica Galega. Volume I. Fonética e Morfosintaxe PDF

230 Pages·2016·18.25 MB·Spanish
Save to my drive
Quick download
Download
Most books are stored in the elastic cloud where traffic is expensive. For this reason, we have a limit on daily download.

Preview Gramática Histórica Galega. Volume I. Fonética e Morfosintaxe

GRAMÁTICA HISTÓRICA GALEGA I. FONÉTICA E MORFOSINTAXE EDICIÓNS I tJ..i~ tre-« t t:P- LAIOVENTO ENSAIO 64 Manuel Ferreiro GRAMÁTICA HISTÓRICA GALEGA I. FONÉTICA E MORFOSINTAXE EDICIÓNS LAIOVENTO 1999 A Rosalía e a Henrique En canto non se conseguir unha necesaria normativa de consenso para a língua galega, Edicións Laiovento continuará a respectar a opción ortográfica de cada autor. Primeira edición: Decembro 1995 Segunda edición: Marzo 1996 Terceira edición: Setembro 1996 jCanto, ai, mudar pode Cuarta edición: Febreiro 1999 longa e vetusta edade! E. Pandal Este libro non poderá ser reproducido, nin total nin parcialmente, calquera que for o media empregado, sen o permiso previo do editor. Reservados todos os dereitos. © Manuel Ferreiro © Capa: Pepe Carreiro © Laiovento Teléfono: + 34 986 842 092 Telefax: + 34 981 572 239 Correio electrónico: [email protected] Local na Rede: / /www.laiovento.com Rúa do Hórreo, 60 / Apdo. 1072 15702 Santiago de Compostela / Galiza / U.E. LS.B.N.: 84-89896-43-7 Depósito Legal: C-314-1999 Impreso por Gráficas Sementeira, S.A. / Noia / Galiza Impreso en papel ecolóxico NOTA Á CUARTA EDICIÓN Pasados tres anos desde o momento da aparición deste pri meiro volume da Gramática Histórica Galega, e algo máis de dous desde a terceira edición, a invulgar recepción que unha obra destas características tivo no público fálanos da necesida de entre nós deste tipo de traballos. Resulta evidente que, para alén do propio paso do tempo e do conseguinte proceso de reflexión sobre a materia que nos ocupa, diversos feitos como as observacións que nos van che gando, as recensións aparecidas en diferentes medias, a publi cación de nova bibliografía relacionada coa historia da lingua, en xeral, e coa gramática histórica, en particular, e, especial mente, a publicación do segundo volume desta Gramática nos están a obrigar a un proceso de reestruturación e, mesmo, de reelaboración e ampliación dalgúns aspectos do presente traballo. Mais antes de concluírmos ese proceso de refacción a que estamos a submeter este volume, a repetida demanda do mes mo condiciona esta nova edición que, sen alterar a estrutura e os contidos das anteriores, modifica parcialmente a súa con formación externa, restaura algunhas omisións, corrixe erros ti pográficos e grallas, resolve algúns lapsos e introduce algúns matices de detalle, nun proceso de revisión condicionado por cuestións técnico-editoriais nos seus aspectos máis externos. Neste proceso cumpriron, loxicamente, un papel relevante al gunhas recensións que, pala atenta lectura realizada da obra, nos proporcionaron elementos de revisión, presente e futura. Só nos resta, máis unha vez, manifestar o fondo agradece menta aos nosos pasados e futuros lectores. Manuel Ferreiro A Corufia, Febreiro de 1999 NOTA Á SEGUNDA EDICIÓN Transcorridos unicamente dous meses desde a saída do prelo do presente libro, é con sorpresa que recebo a comuni cación, por parte da Editora, do esgotamento desta contribu ción aos estudos de Gramática Histórica Galega. Para alén da súa maior ou menor cualidade e das súas in negábeis limitacións, tal feito -inesperado- só o podo atribuír á necesidade dun traballo deste tipo, de que carecía até agora a nos a lingua. Falto da necesaria perspectiva que só o tempo poderá pro porcionar, limiteime nesta segunda edición á corrección dos erros e lapsos máis evidentes, á espera dunha profunda revi sión e acrecentamento de aspectos non contemplados ou insu ficientemente desenvolvidos nas páxinas que seguen. En fin, só me resta agradecer novamente a confianza que LAIOVENTO depositou en min, así como manifestar unha pro funda gratitude a todas aquelas persoas que, esquecendo as deficiencias desta Gramática, se achegaron xenerosamente ás súas páxinas. Manuel Ferreiro A Corufia, Marzo de 1996. NOTA PRELIMINAR Transcorridos xa oitenta e seis anos desde que, en 1909, D. Vicente García de Diego publicara en Burgos os seus Elemen tos de Gramática Histórica Gallega, a urxente necesidade dun ha Gramática Histórica Galega faise cada veZ máis evidente, sobre todo para aquelas persoas interesadas especificamente na historia da nos a lingua e, má is en concreto, para os estu dantes de Filoloxía Galega, que seguen recorrendo aos ma nuais de gramática histórica portuguesa, nomeadamente aos xa clásicos de Williams e de Nunest, centrados unicamente so bre o portugués, sen faceren case ningunha referencia directa ao galego. En momentos en que o proceso de normalización está deti do, con gravísimos ataques á supervivencia do galego como lingua da Galiza2 nunha conxuntura en que a onda espanoli , zadora ameaza o labor iniciado no século XIX polos nosos de vanceiros do Rexurdimento, e cando a política institucional ac tual non impulsa accións efectivas a prol da normalización so cial da lingua, neste momento é máis necesaria que nunca a afirmación lingüística, na cal coidamos que a exposición por menorizada da evolución do latín falado na Gallaecia, a partir da colonización romana, pode revestirse, pola súa necesidade, dun papel simbólico. o noso propósito á hora de realizarmos o presente traba- 110 foi moi claro: elaborar unha obra que se centrase na evolu ción lingüística interna do galego, tratando de maneira secun daria aqueles aspectos que xulgamos máis laterais. Así pois, sen a intención de aportar novidades espectaculares, o presen- 1 De todos os xeitos, estas importantes contribucións á filoloxía galego-portuguesa xa son antigas: a primeira edición do Compêndio de Gramática Histórica Portuguesa (Fonética e Moif%gia) de José Joaquim NUNES é de 1919, e a de Do Latim ao Português. Fonologia e Mo/ia/agia Históricas da Língua Portuguesa de Edwin B. WILLIAMS é tradución realiza da en Brasil (la ed. en 1961) do orixinal inglés publicado nos Estados Unidos en 1938. 2 Onde cumpre un papel simbólico a eliminación por decreto (.a execución odiosa / do bárbaro decreto. en palabras de pondal) dos estudos de Filoloxía Galega na Universida de da Coruna (recuperados para o curso 1998-99). te estudo pretende organizar, sintetizar e expor detallada e ra lectais ou populares, fundamentais en moitos casos para acla zoadamente a evolución producida desde o latín ao galego. rar algunhas evolucións língüísticas, centrámonos sempre nas Comeza propositadamente, por tanto, in medias res, sen os evolucións patrimoniais, por constituíren os cultismos un as consabidos capítulos introdutorios de carácter xeral arredor de pecto de menor transcendencia para a evolución do idioma. cuestións pertencentes ao ámbito da Língüística Románica, do Se ben é certo que o estándar morfosintáctico e lexical non latín vulgar e mais da chamada "historia externa" da língua oferece, en xeral, problemas, non acontece o mesmo no terreo (que, para o noso idioma, precisa estudos patticulares especia da fonética, onde quixemos e tivemos que optar por un mo lízadosY, ora ben, sen renunciarmos ás lóxicas e pertinentes delo de pronuncia, especialmente no referente ao timbre das alusións en cada caso. O tratamento particularizado destas vogais de grao medio cando trabadas por nasal (presentando cuestións excedería, por outra parte, o número de páxinas de como norma xeral o timbre fechado, agás no caso dos cultis sexábel nun volume como o que pretendemos4 mos) e mais no alcance da metafonía nominal, aceptada na • A xénese deste estudo -a nos a dedicación docente nos últi queles casos en que a extensión xeográfica e demográfica é mos anos- condicionou o teor pedagóxic05 de que se reveste, significativa6, sempre procurando un equilíbrio na dialéctica xustificándose, deste xeíto, a abondosa exemplíficación que pasado/presente, culto/popular, oral/escrito, antigo/moderno. pode multiplícar os lapsos e erros en que, somos conscientes, Con todo, débese ter presente que en calquera língua marxi podemos ter caído, ao que, sen dúbida, tamén terá contribuí nada, e non é unha excepción o galego, todoproceso descriti do a carencia de tradición en estudos deste tipo aplicados de vo leva necesariamente consigo unha certa carga prescrítiva de xeito sistemático ao galego. que, en todo o momento, somos conscientes. Por outra parte, a ausencia dunha tradicíón estábel e conti A primeira decisión estratéxica, facilitada na súa resolución nuada a que vimos aludindo e a carencia de estudos sistemáti pola rendibílídade da nosa experiencia docente, a que nos ti cos precedentes refléctense en numerosas ocasións nunha ine vemos que enfrontar con relación a que elemento priorizar vítábel improvisación, en decisións organizativas discutíbeis e, dentro das posibílídades que a língua actual nos oferece, foi a tamén, en opcións arriscadas, sobre todo na atríbución do ca de tomar como base o galego común ou estándar, cuxa ace rácter de 'líterario', 'popular', 'dialectal' ou 'vulgar' (face a 'co lerada constítución nos últimos anos xa permite, aínda que mún'), así como na utilízacíón de 'antigo' ou 'arcaico' e 'me con vacílacións, ter como referencia unha norma lingüística dieval' (face a 'moderno'), con grandes dificultades na fixación unificada. Desta maneira, sen desprezarmos os elementos dia- cronolóxica de moitas evolucións por carencia histórica de in formación língüística "galega" Cínexistencia ou escaseza de tex tos e de información gramatical durante os Séculos Escuros) e mais do necesarío Dicionarío Históric07• 3 Vid. a recente Historia da língua galega de R. MARINO PAZ (Santiago de Compostela, Sotelo Blanco, 1998). 4 Para alén de seren.áreas (a do latín vulgar e, especialmente, a da Lingüística Románica) que contan con bibliografía extremamente abundante e de fácil' accesibilidade no noso ámbito cultural. 5 Pola súa vez, este carácter explica opcións como o feito de que na evolución de cada 6 Nos últimos tempos comeza a manifestarse a preocupación pola fixación dun estándar vocábulo se recolla tamén a evolución gráfica, que só nalgúns casos responde á evolu fonético galego. Vid., por exemplo, X. L. REGUEIRA, "Modelos fonéticos e autenticidade ción fonética (cfr., por exemplo, vErüw>velho>vello, onde velho representa simplemente lingüística", Cadernos de Língua, 10, Real Academia Galega, 1994, 2° semestre, pp. 37-60. a grafía antiga), sempre utilizando convencionalmente as grafías medievais ("lh", "nh", "c 7 Vid. R. LORENZO, "Proxecto dun dicionario histórico galego", in D. KREMER/R. LOREN + e, i", "ç + a, 0, un, etc., entre outras posíbeis dentro do xeneralizado polimorfismo grá ZO (eds.): Tradicíón, actualidade e futuro do galego. Actas do Coloquio de Tréveris. 13 a fico medieval), e procurando en cada caso facer constar as evolucións intermedias, non 15 de novembro de 1980, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, Consellería de Cul sempre documentadas. tura, 1982, pp. 113-123. Certamente, algunhas das limitacións do noso traballo son Con relación ao contido, obviando propositadamente posí tanto produto da mesura esixida editorialmente como resulta beis consideracións teóricas de carácter preliminar sobre a do das circunstancias particulares en que se desenvolve a nosa sempre conflituosa identidade da nosa lingua que subxacen e actividade profesional. Para alén da ausencia de apartados es se evidencian no desenvolvemento da Gramática, este volume pecíficos de Léxico e Semántica8, disciplinas que contan cunha organízase en dous grandes capítulos arredor da Fonética e da bibliografía galega relativamente importante, as dificultades de Morfosintaxe, completados a seguir cunha bibliografía básica acceso a certas aportacións bibliográficas, a carencia dun fon e, finalmente, cun índice de palabras galegas citadas ao longo do informatizado de textos literarios (antigos e modernos), do texto (atendendo só aos resultados finais das evolucións, etc.9, acrecentan, sen dúbida, as insuficiencias do presente vo non aos pasos intermedios moi frecuentemente documen lume; inclusive, as propias inclinacións persoais condicionan tados), xa que a presenza dun vocabulário de termos latinos, parcialmente os resultados, percebéndose con nitidez nunha así como dun índice temático, sobrecargaría en exceso o nú menor presenza da sintaxe con relación á morfoloxía no capí mero de páxinas do libro, sen supor un útil notoriamente sig tulo de Morfosintaxe, así como no escaso apoio de citas litera nificativo para quen se aproximar a estas páxinas. rias ou de textos etnodialectais que non están ao noso alcan ce, mais sen renunciarmos totalmente á utilización de citacións En definitiva, esta primeira parte da Gramática Histórica de textos antigos ou dalgúns autores clásicos do período mo Galega pretende ser unha contribución máis no longo cami derno (nomeadamente, Rosalía, Pondal, Noriega e CastelaoYo fio que a Filoloxía Galega aínda ten por percorrer. Nese senti que aparecen esporadicamente ao longo desta obra. do, é obviamente debedor das aportacións precedentes; non Así pois, conscientes das limitacións persoaisll e contex obstante, dado o teor deste volume, reducimos as citas a roda tuais que transparezan nas presentes páxinas, baixo a forma pé, que levarían consigo unha carga bibliográfica e erudita de deficiencias ou contradicións, esta Gramática debe ser con pouco desexábel nun traballo destas características. templada, en certa maneira, como un traballo feito "de memo Acreditamos firmemente en que o vacío de tantos anos ha ria" e como un "ensaio" de desenvolvemento circular, con re ser rapidamente cuberto con outras gramáticas históricas, de peticións e remisións continuadas, en que se procurou a orga xeito que unha plural visión da evolución lingüística do noso nización máis axeitada para unha exposición como a que pre idioma vefia a enriquecer a Filoloxía Galega nun ámbito moi tendemos: completa e sistemática, mais sintética e áxil. descoidado e abandonado perante tarefas máis necesarias esi xidas pola «ruda adversidade urxente", pola irrenunciábel von tade normalizadora que nos move a todos os galegos que non renunciamos ao noso pasado e que cremos no noso futuro. 8 Véxase agora M. FERREIRO, Gramática Histórica Galega. II. Lexicoloxía (Santiago de Desexamos, finalmente, que este volume, con todas as súas Compostela, Ed. Laiovento, 1997), 9 De todas as maneiras, aproveitáronse (o mesmo que para o segundo volume desta Gra limitacións, poida ser un instrumento efectivo que contribúa a mática) os materiais resultantes do Proxecto de Investigación Os textos galego-portugue acrecentar o cofiecemento que da nosa historia lingüística de ses da Materia de Bretaiia, financiado poJa Dirección Xeral de Ordenación Universitaria e Política Científica da Xunta de Galicia (XUGA10404A93). bemos ter como parte esencial de nós mesmos. 10 Dada a natureza deste traballo, débese ter en conta que, independentemente de cal sexa a fonte de que partimos, nivelamos convencionalmente a grafía dos textos medievais, ao tempo que só utilizamos acentos diacríticos. 11 Mitigadas polo constante apoio dos meus colegas e compafíeiros, cuxo interese e ánimo agradecemos. Queremos exemplificar este agradecemento na persoa do profesor D. Ar senio Ferraces no ámbito do sempre problemático mundo das cantidades vocálicas lati nas, dado que o seu asesoramento e axuda resultou para nós inestimábel. SIGNOS FONÉTICOS UTILIZADOS (A.FJ.) [a]: vogal central aberta [~.1: vogal central, máis aberta que [a] [<e]: vogal central aberta palatalizada [E]: vogal anterior media aberta [e]: vogal anterior media fechada [i]: vogal anterior fechada [j]: semiconsoante palatàl b]: vogal posterior media aberta [o]: vogal posterior media fechada [u]: vogal posterior fechada [w]: semiconsoante velar lã]: vogal central aberta nasal [1::]: vogal anterior media aberta nasal [ê]: vogal anterior media fechada nasal [I]: vogal anterior fechada nasal [5]: vogal posterior media aberta nasal [ã]: vogal posterior media fechada nasal lu]: vogal posterior fechada nasal [pJ: consoante oclusiva bilabial xorda [b]: consoante oclusiva bilabial sonora [~]: consoante fricativa bilabial sonora [t]: consoante oclusiva dental xorda [d]: consoante oclusiva dental sonora [k]: consoante oclusiva velar xorda [g]: consoante oclusiva velar sonora [x]: consoante fricativa velar xorda [h]: consoante fricativa faringal xorda [tf]: consoante africada prepalatal xorda [d3]: consoante africada prepalatal sonora [fi: consoante fricativa labiodental xorda [v]: consoante fricativa labiodental sonora [8]: consoante fricativa interdental xorda [õ]: consoante fricativa interdental sonora [.';]: consoante fricativa apicoalveolar xorda [i]: consoante fricativa apicoalveolar sonora ABREVIATURAS [s]: consoante fricativa predorsodental xorda [z]: consoante fricativa predorsodental sonora a. C.: antes de Cristo [ts]: consoante africada dentoalveolar xorda abl.: ablativo [dz]: consoante africada dentoalveolar sonora ac.: acusativo Ú]: consoante fricativa prepalatal xorda adv.: adverbio [:)]: consoante fricativa prepalatal sonora adx.: adxectivo [m]: consoante nasal bilabial sonora ane.: galego ancarés ln]: consoante nasal alveolar sonora antrop.: antropónimo (pJ: consoante nasal palatal sonora ár.: árabe [I)]: consoante nasal velar sonora arc.: galego arcaico ou antigo [1]: consoante lateral alveolar sonora art.: artigo [À,]: consoante lateral palatal sonora C.D.: complemento directo [)J: consoante fricativa mediopalatal sonora C. r. : complemento indirecto [rJ: consoante vibrante simple alveolar sonora cat.: catalán [rJ: consoante vibrante múltipla alveolar sonora célt.: céltico cent.: galego do bloque central cfr.: confróntese com.: galego común ou estándar comp.: comparativo contr.: contracción conx.: conxunción dat.: dativo d. C.: despois de Cristo dial.: galego dialectal esp.: espanol éusc.: éuscaro fem.: feminino fr.: francés gal.: galego gal.-ast.: galego da área asturiana gal. -port.: galego-portugués gót.: gótico gr.: grego hebr.: hebreo imp.: imperativo infl.: influencia

Description:
Laiovento, 1999. - 450 p.En definitiva, esta primeira parte da Gramática Histórica Galega pretende ser unha contribución máis no longo camifio que a Filoloxía Galega aínda ten por percorrer. Nese sentido, é obviamente debedor das aportacións precedentes; non obstante, dado o teor deste volum
See more

The list of books you might like

Most books are stored in the elastic cloud where traffic is expensive. For this reason, we have a limit on daily download.