Dfl LIRGUfl GfllEGfl nORFOSinTflXE XOSE RAMÓN FREIXEIRO MATQ GRAMÁTICA DA LINGUA GALEGA MORFOSINTAXE I 1 GRAMÁTICA DA LINGUA GALEGA n MORFOSINTAXE XOSÉ RAMÓN FREIXEIRO MATO ED IC I ONS AHOSATBUIA 2J edición: seiembro 2006 © Xosé Ramón Frcixeiro Malo © PROMOCIÓNS CULTURAIS GALEGAS, S. A. Rúa do Príncipe, 22. 36202 VIGO ISBN-10: 84-8341-061-3 ISBN-13: 978-84-8341-061-5 D.Legal: 244530/06 Impresión e acabamenio: Norprim Artes Gráficas S. A. 4780-583 Santo Tirso - Portugal PRESENTACIÓN XOSÉ RAMÓN FROXBRO MATO Para completarmos o proxecto de Gramática da Lingua Galega en que viñe- mos traballando nos últimos tempos, sae do prelo agora este volume de Morfosintaxe que, como número II da serie, vén encher o oco deixado entre a Fonética efonoloxía (vol. I) e a Semántica (vol. III). Aínda pretendendo sermos coherentes co proxecto e co seu formato, a diferente entidade de cada unha das partes desta Gramática obrigounos a solucións por veces dispares. Por unha parte, o feito de que tanto a fonética e a fonoloxía como a semántica non fosen obxecto previamente dun estudo monográfico de conxunto na lingua galega levounos a tentarmos profundar o máis posíbel nestas materias, na pro- cura de cubrirmos as necesidades existentes no momento da maneira o máis exhaustiva posíbel, dentro das lóxicas limitacións a que estamos suxeitos. Mais, por outra parte, a case que inabarcábel amplitude da morfosintaxe e o feito de dispormos xa en galego de gramáticas actuais centradas nesta materia, xunta- mente coa necesidade de equilibrarmos o proxecto editorial, obrigáronnos a esta- belecermos algúns límites na extensión e, en consecuencia, tamén a cenas prio- ridades. Máis unha vez, e neste caso aínda con maior motivo, queremos deixar constancia da nosa débeda con toda a tradición gramatical galega, de que nos declaramos continuadores, e moi especialmente queremos facer mención expre- sa da Gramáüca Galega (Álvarez et alii, 1986) e da Nova gramática para a aprendizaxe da língua (Costa Casas et alii, 1988), obra esta que tivemos moi en conta canto aos seus postulados teóricos, renovadores e modernizadores do dis- curso gramatical galego. A existencia destas dúas obras condicionou en boa medida a realización deste volume, tentando no posíbel comple(men)tarmos, máis do que reiterarmos, os seus contidos. Neste sentido, procuramos prestar unha maior atención a aqueles aspectos máis peculiares, ou máis necesitados dun tratamento específico, da morfosinta- xe do galego, como por exemplo o dativo de solidariedade, o infinitivo flexio- nado, o infinitivo xerundial, o futuro de Subx., certas perífrases verbais, a pre- GRAMATICA DA LINGUA GALEGA. Morfosintaxe senza da preposición a co CD etc., deixando máis nun segundo plano aquelou- tros aspectos que non presentan tal singularidade dentro das linguas románicas ou que, ao noso entender, non requerían a mesma atención por entraren máis no ámbito da lingtiística xeral e por conseguinte seren accesíbeis por outras vías. Desta forma, non entramos a fondo, por exemplo, na discusión teórica das cate- gorías gramaticais nin no estudo dos diferentes tipos de enunciados. Mantense, iso si, e inclusive se intensifica pola natureza da materia, o recurso constante á lingua literaria para a exemplificación e a atención á estilística, tanto por bebermos nunha fonte de saber lingüístico da máxima importancia como por desta forma rendermos tributo de homenaxe aos nosos autores e autoras xa clá- sicos, apoiándonos de paso na autoridade lingüística que representan, tanto por os seus textos constituíren documentos de información de primeira importancia, como por eles mesmos teren levado a cabo, con grande esforzo persoal e sen outras axudas, un intenso labor de investigación e de recompilación do extraor- dinario tesouro da lingua popular. Certo é que isto presenta algúns problemas ou inconvenientes derivados das circunstancias históricas por que pasou a nosa lin- gua. Un moi importante é o de vérmonos na obriga, por fidelidade textual, de reproducirmos todas aquelas deturpacións lingüísticas que a secular interferen- cia do castelán foi deixando no galego cando queremos documentar as formas e expresións autenticamente de noso, pois se ben que nos autores clásicos xa desa- parecidos achamos todas aquelas características que constitúen o cerne da nosa identidade e especiñcidade lingüísticas, ben certo é tamén que ao seu lado van aparecendo todos os estigmas da bárbara castelanización. Mais o carácter con que naceu esta gramática e a formación lingüística dos seus potenciais lectores posibilitan que iso non sexa óbice para consagrarmos autores da categoría de Rosalía, Curros, Pondal, Castelao, Otero Pedrayo, Blanco-Amor, Cunqueiro e tantos outros como os mestres da lingua que realmente foron, xunto coa voz anó- nima do pobo transmitida pola literatura popular e por eles mesmos. Ben certo é tamén, e queremos subliñalo moi expresamente, que na selección de exemplos e na escolla de determtnadas formas lingüísticas utilizadas por eses auto- res, a que acudimos a modo de exemplo e xustificación, dado igualmente o secular polimorfismo que veu caracterizando a nosa lingua escrita, nos deixamos levar polas nosas propias e subxectivas conviccións e opcións lingüísticas, aceptando segundo elas unhas formas e desbotando outras no momento de implicitamente irmos conformando o noso modelo de lingua estándar a través dos textos literarios. Desta forma, e por último, dentro da liña normativa en que esta obra se vén desenvolvendo, mantéñense nos diferentes paradigmas gramaticais certas dupli- cidades que, sen obviaren a forma do estándar oficial, ofrecen outras alternati- vas reais existentes tanto na lingua falada como recollidas na nosa tradición lite- raria e gramatical (inclusive tamén normatívizadora), sempre na procura desa 10 desexábel aproximación ao portugués, para nós cada vez máis necesaria. XOSÉ RAMÓN FROXEIRO MATO Asumindo como asumimos que o galego precisa dunha única norma e que a actual grafía oficial do galego é fundamentalmente a castelá, sen a considerar- mos adecuada, seguímola en liñas xerais, coa esperanza de que pola vía do con- senso, a única posíbel, un día entre todos a poidamos modificar para a facermos máis nosa e auténtica. Procuramos tamén neste sentido sermos coherentes cos volumes I e III desta gramática, xa publicados. Mais, aínda así, a nosa propia aprendizaxe e reflexión ao longo do traballo desenvolvido levounos a algunha pequena adaptación ou modificación, basicamente no tocante á representación como unha unidade gráfica de talvez, decontado etc., por transcender da simple cuestión gráfica ao afectar a propia configuración e clasificación das palabras, tarefa que, do punto de vista morfolóxico, aquí levamos a cabo. Segue, pois, este volume na liña de ofrecermos máis un contributo ao debate lingüístico, aínda necesario, e de facer propostas orientativas sobre a defínitiva conformación dun modelo de lingua común e culta que garanta o futuro do noso idioma. Só agardamos, con esperanza, que tal empeño teña algunha utilidade. A Coruña, marzo de 2000 NOTA A SEGUNDA EDICION Cumpridos xa os seis anos da aparición deste volume, faise agora conveniente a súa reedición revisada. Mantemos, porén, a presentación precedente por respon- der aínda moi ben ao espírito con que foi concibido, a pesar das mudanzas lin- güísticas producidas neste período. Nela anunciábase tamén o final do proxecto gramatical en que a obra se insería, mais con posterioridade aínda se incorporou un novo volume sobre gramática do texto, alén dun manual. Como dalgunha maneira se suxería nesa presentación, a posibilidade de con- secución dun consenso normativo, longamente desexado e mesmo procurado, comprometianos no acatamento dos seus resultados, independentemente de que estes nos parecesen máis ou menos satisfactorios. E isto é o que facemos na pre- sente reedición: adecuar o texto ao novo marco normativo, derivado da publica- ción pola Real Academia Galega en 2003 das novas normas ortográficas e mor- folóxicas do galego, para alén de corrixir algúns erros e grallas detectados. Neste sentido, agradecemos as suxestións dalgúns recensionistas e amigos. No entanto, tamén convén deixarmos claro que tal aceptación da norma non implica ningunha renuncia aos postulados ideolóxico-lingiiísticos que con ante- rioridade viñemos defendendo e que aquí expresamente queremos reafirmar. Lorbé, xullo de 2006 ÍNDICE XERAL XOSÉ RAMÓN FRQXHRO MAID 1. Introdución 23 1.1. A morfosintaxe 25 1.2. As unidades significativas: o morfema e a palabra 26 1.3. As clases de palabras 28 2.O nome 31 2.1. Defmición e clasificación 33 2.2. O nome substantivo 34 2.2.1. Caracterización e clasifícación 34 2.2.2. A categoría de xénero 38 2.2.3. A categoría de número 45 2.2.4. Funcións sintácticas 50 2.2.5. Rendibilidade estih'stica 55 2.3. O nome adxectivo 76 2.3.1. Caracterización e clasificación 76 2.3.2. O xénero e o número nos adxectivos 79 2.3.3. A gradación do adxectivo 83 2.3.4. Funcións do adxectivo 87 2.3.5. Valor estilístico 90 3. Os pronomes 115 3.1. Caracterización e clasificación 117 3.2. Os pronomes persoais 118 3.2.1. Definición e caracterización 118 3.2.2. Morfoloxía 119 3.2.3. Funcións 124 3.2.3.1. Serie tónica 124 3.2.3.2. Serie átona 126 3.2.3.2.1. Clíticos de acusativo 127 Complemento directo 127 Atributo concertado e non concertado 128 Suxeitodun infinitivo 130 índice funcional de suxeito 131 3.2.3.2.2. Clíticos de dativo 133 Complemento indirecto 133 Suxeito dun infinitivo 134 Dativo posesivo 135 Dativo de solidariedade.. ..138 15
Description: