ebook img

Galicia en Cuba (Galician, galego) PDF

463 Pages·2013·4.5461 MB·other
Save to my drive
Quick download
Download
Most books are stored in the elastic cloud where traffic is expensive. For this reason, we have a limit on daily download.

Preview Galicia en Cuba (Galician, galego)

Description:
Temos aquí tres libros nun só volume. Tres temas ou capítulos definidores da obra dos nosos emigrantes que arribaron a Cuba. O autor, Xosé Neira Vilas, viviu 31 anos naquela illa (entrañable para milleiros de galegos), dos que dedicou máis de vinte e cinco a investigar con rigor e tenacidade a presenza galega dende 1870 ata hoxe. Estes son os temas:

  • A lingua galega en Cuba. É o primeiro estudo que se leva a cabo sobreo o noso idioma máis alá das fronteiras xeográficas de Galicia. Inclúe a fala viva nalgunhas rexións daquel país antillano; a nosa lingua na prensa galega de Cuba e na prensa cubana; libros galegos publicados na Habana; clases de galego; traducións de autores cubanos; Cátedra de Cultura Galega; voces galegas na fala cotiá de Cuba.

  • Rosalía de Castro e Cuba. Rosalía, dúas publicacións periódicas; unha sociedad de declamación; versos na voz dos nenos cubanos; axuda dende A Habana a Rosalía, Murguía e as filas de ambos Alexandra e Gala; poetas cubanos que lle cantaron e a loaron; a actual Sociedade Cultural Rosalía de Castro.

  • Galegos que loitaron pola independencia de Cuba. Emigrantes mambises que combateron nas dúas guerras pola independencia cubana; o xeneral Francisco Villamil; homes e muleres incorporados a loitas reivindicativas do pobo cubano.


Enumeramos apenas un resumo da triloxía que engloba este volume. Tres temas moi distintos que teñen, non obstante, un denominador común: a incorporación dos nosos emigrantes á peripecia múltiple dos pobos e dos países a onde os leva o destino.





See more

The list of books you might like

Most books are stored in the elastic cloud where traffic is expensive. For this reason, we have a limit on daily download.