ebook img

Galegos en América e americanos en Galicia PDF

340 Pages·2012·1.87 MB·Spanish
Save to my drive
Quick download
Download
Most books are stored in the elastic cloud where traffic is expensive. For this reason, we have a limit on daily download.

Preview Galegos en América e americanos en Galicia

Galegos en América e americanos en Galicia Pilar Cagiao Vila (Compiladora) XUNTA DE GALICIA Xavier Castro Pérez M.ª Teresa García Domínguez Manuel Souto López Pilar Cagiao Vila Vicente Peña Saavedra Xoaquín Miguel Villa Álvarez Marcelino Xulio Fernández Santiago Dolores Vieites Torreiro Cristina Samuelle Lamela Elixio Villaverde García José Ramón Rodríguez Lago GALEGOS EN AMÉRICA E AMERICANOS EN GALICIA: AS COLECTIVIDADES INMIGRANTES EN AMÉRICA E A SÚA IMPRONTA NA SOCIEDADE GALEGA Séculos XIX-XX Pilar Cagiao Vila (Compiladora) X G UNTA DE ALICIA Versión ó galego: D.ª Irene Sánchez del Río D.ª Dolores Barcia Corrección lingüística y supervisión: Josefa Carballo Imprime: Tórculo Artes Gráficas, S.A.L. Rosalía de Castro, 45 bajo. Santiago de Compostela I.S.B.N.: 84-453-2437-3 D.L.G.: C-926-99 Xavier Castro Pérez, Catedrático de Historia Contemporánea. M.ª Teresa García Domínguez, Investigadora e Licenciada en Xeografía e Historia. Manuel Souto López, Licenciado en Xeografía e Historia, Arquiveiro Municipal das Pontes. Pilar Cagiao Vila, Profesora titular de Historia de América na Universidade de Santiago. Vicente Peña Saavedra, Profesor titular da Historia da Educación na Universidade de Santiago. Xoaquín Miguel Villa Álvarez, Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago. Marcelino Xulio Fernández Santiago, Licenciado en Xeografía e Historia. Dolores Vieites Torreiro, Licenciada en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago. Cristina Samuelle Lamela, Licenciada en Ciencias Antropolóxicas pola Universidad de la República (Montevideo). Elixio Villaverde García, Profesor e Doutor en Historia pola Universidade de Santiago. José Ramón Rodríguez Lago, Profesor de Historia. 3 ÍNDICE PROLOGO. ..................................................................................................... 7 LIMIAR. ......................................................................................................... 11 I. SOBRE A EMIGRACIÓN GALEGA..................................................... 15 • A alimentación na viaxe dos emigrantes galegos a América. Xavier Castro Pérez................................... 17 • A emigración galega cara a América durante a segunda metade do século XX. M.ª Teresa García Domínguez.................................................. 61 • Inventario de fontes documentais existentes no Arquivo Municipal das Pontes para o estudio da emigración a América. Manuel Souto López....................... 95 • A vida cotiá dos emigrantes galegos en América. Pilar Cagiao Vila..................................................................... 115 II. RESPECTO Á INMIGRACIÓN GALEGA EN AMÉRICA.......... 137 • Alfabetización, etnicidade e capacitación laboral. Configuración e desenvolvemento da oferta curricular do plantel de ensinanza do Centro Galego da Habana, (1879-1900). Vicente Peña Saavedra.........................139 • A actividade comercial guardesa en Puerto Rico, (1880-1920). Xoaquín Miguel Villa Álvarez............................ 163 • Consideración social e asociacionismo étnico: os inmigrantes galegos en Arxentina. Marcelino Xulio Fernández Santiago........................................ 191 • Inmigrantes galegos e anarquismo arxentino, (1880-1930). Dolores Vieites Torreiro............................................................ 217 • Situación lingüística dos emigrantes galegos no Río da Prata. Cristina Samuelle Lamela.................................. 255 • Os galegos no estado e na cidade de Puebla á luz do Rexistro Nacional de Estranxeiros, (1878-1936). Elixio Villaverde García........................................................... 275 • De Galicia ós Andes. Aproximación ó fenómeno da emigración galega a Chile. José Ramón Rodríguez Lago..................................................... 311 PRÓLOGO De novo a satisfacción de introducir un estudio sobre a emigración galega, aínda que eiquí se trate dun conxunto vario en autores e temas, depárame a oportunidade de destacar esta interesante tarefa de profunda- ción no coñecemento dun dos feitos sociais máis importantes e decisivos de Galicia, especialmente no que atinxe á súa moderna historia. Importancia e influencia que ninguén pode xa descubrir porque foron os mesmos gelegos experimentadores do trasterramento, os cales, por diversos modos e comportamentos, puxéronas en evidencia, sen nece- sidade de impulsos alleos ás súas vidas e a través da conservación e culti- vo dunha identidade; bastándolles cunha fidelidade persoal e familiar, corporativa e comunitaria, ás tradicións, costumes e sentimentos comúns, superando diferencias e sobrevivindo sempre ás máis diversas circunstan- cias. Este incremento do interese por análises parciais, que estamos a apreciar en moitos xoves historiadores galegos, expresa a inmensa riqueza aínda contida no fenómeno migratorio e, por outra parte, a palmaria con- tribución do mesmo á historia do pobo galego, especialmente nos dous últimos séculos. A medida que crecen os traballos, tanto cuantitativa como cualita- tivamente, increméntanse as oportunidades para un coñecemento máis panorámico e máis exacto, máis extenso e pormenorizado. Esta constante aportación, incluíndo aquelas investigacións adicadas a cuestións aparen- temente máis nimias, abre sen cesar horizontes que xustifican a veracida- de de imaxes e de feitos, achéganos máis á realidade social e contribúe, tanto ou máis que os medios de transporte e de comunicación, ó achega- mento consciente, isto é, histórico e vital, entre os galegos especialmente distanciados. Na presente publicación, acollida dentro da valiosa contribución que vén facendo a nosa Secretaría Xeral de Relacións coas Comunidades 7 Galegas ó mellor coñecemento destas, nas súas orixes, historia, desenvol- vemento, entidade e actividades, recóllense traballos de investigación relativos á emigración dos galegos ós países americanos, todos eles vence- llados á cultura española, contemplando características xerais dese move- mento poboacional, a partir de termos moi concretos en datos demográfi- cos e en hábitos adoptados, voluntaria ou necesariamente ou, máis parti- cular e especificamente, na casuística concreta relativa a diversos países e áreas xeográficas. É denominador común nesta compilación, acertadamente realizada pola Profesora Cagiao Vila, o exame de diversos comportamentos dos gale- gos emigrados nos seus respectivos países de destino e acollida. Uns, os dirixidos cara ó agrupamento propio e a colaboración social, demostran os criterios rectores do asociacionismo e as motivacións dalgúns dos fins que este procuraba acadar; outros, directamente relacionados coas actividades económicas e sociais, proban os diferentes graos de influencia na configu- ración e desenvolvemento de certas poboacións e actividades, a adapta- ción ás novas situacións sen perda da capacidade de iniciativa e, incluso, a activa participación no devir social deses pobos nos que se integraron. Algúns dos aspectos considerados nos traballos que aquí se ofrecen veñen a completar estudios xa realizados e coñecidos. Ben o sabemos os que, dende hai xa bastante tempo, vimos mantendo continuos contactos intelectuais e vitais co amplo mundo da nosa emigración. Pero, é innega- ble que outros resultan novidosos polos seus contidos, polo enfoque das súas análises ou por constituí-las primeiras aproximacións a determinados países ou temas, como é o caso dos dedicados á actividade comercial guar- desa en Puerto Rico, os galegos en Puebla, México, ou a emigración gale- ga a Chile. Motivacións e aspiracións, circunstancias económicas e sociais, condicións de vida durante a viaxe migratoria e de asentamento no lugar de destino, preocupacións e medios para a conservación e o cultivo da identidade orixinaria, valoración da incidencia migratoria nos lugares de procedencia e actitudes vitais e laborais en medio das novas sociedades, conforman unha visión conxunta e en detalle dese vasto panorama da emigración a América ó que a presente publicación contribúe. 8

Description:
de Galicia, especialmente no que atinxe á súa moderna historia. Importancia e tenimientos lícitos como el ajedrez, el tresi- llo, el billar .. xe”, baixo un sistema de tipo comanditario, no que os xa asentados no comercio Corsario e titulado “Táctica y medios de hacer fructífera propagan
See more

The list of books you might like

Most books are stored in the elastic cloud where traffic is expensive. For this reason, we have a limit on daily download.