ebook img

Equipos de protección individual. Guía básica PDF

95 Pages·2011·2.166 MB·Galician
Save to my drive
Quick download
Download
Most books are stored in the elastic cloud where traffic is expensive. For this reason, we have a limit on daily download.

Preview Equipos de protección individual. Guía básica

| EQUIPOS DE PROTECCIÓN INDIVIDUAL guía básica XUNTA DE GALICIA ISSGA (cid:1)(cid:1)(cid:1)(cid:1)(cid:4)(cid:2)(cid:3)(cid:3)(cid:1) Edita: Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) Coordinación: Alberto Conde Bóveda. Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral Revisión: Mª Jesús Copa Arias. Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral Depósito Legal: -C-- 1129-2011 Imprime: -D--ifux, S.L. Índice ÍNDICE 1.- Introdución 07 2.- Normativa aplicable 13 3.- Definición de equipo de protección individual 17 4.- Cando se deben utilizar os equipos de protección individual? 21 5.- Clasificación dos equipos de protección individual 25 6.- Esixencias esenciais dun equipo de protección individual 43 7.- Obrigas sobre equipos de protección individual 47 8.- Dereitos sobre equipos de protección individual 57 9.- Programa de protección persoal 61 10.- Condicións de comercialización dos equipos de protección individual 69 11.- Conclusións 81 12.- Anexos 85 13.- Bibliografía 91 1 Introdución | INTRODUCIÓN 1.- INTRODUCIÓN Aprotección das persoas traballadoras fronte aos riscos derivados do traballo é un dos obxectivos principais da normativa en prevención de riscos laborais. A Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, ten por obxecto promover a seguridade e saúde dos/as traballadores/as e regular as actuacións mínimas que cómpre desenvolver por parte do empresariado e persoal traballador nesta materia. Un dos principios básicos de acción preventiva desenvolvidos por esta lei é “combater os riscos na orixe”, pero isto non sempre se consegue e o/a tra- ballador/a ten que entrar en estreito contacto con situacións de risco, polo que, en ocasións, é necesario adoptar outro tipo de medidas, como poden ser as individuais. Con todo, hai que considerar outro dos principios de acción preventiva: “adoptar medidas que antepoñan a protección colectiva (aquela que protexe simultaneamente máis dunha persoa) á individual (aquela que protexe ex- clusivamente o/a traballador/a que a utiliza)”. En resumo, o principio xeral de actuación preventiva establece que, cando non é posible eliminar nin minimizar de xeito suficiente un risco, hai que recorrer a proteccións colectivas, e só se non hai máis remedio está xustificado recorrer a proteccións individuais. No entanto, cómpre dicir que a transcendencia da protección individual para a prevención de riscos laborais ten unha importancia crucial e é unha parte importante da estratexia de seguridade que se aplica nas empresas, pois protexe o/a traballador/a fronte a riscos cos que, doutra forma, estaría en contacto directo. Un equipo de protección individual (EPI) nunca elimina, nin tan sequera controla, unha situación de risco. O control das situacións de risco só se consegue implantando os medios que impidan a presenza de riscos no posto de traballo e os EPI unicamente reducen ou eliminan as consecuencias persoais ou lesións que este poida provocar no/na traballador/a. A maior parte das actividades que a persoa traballadora desempeña poden requirir da utilización dun EPI, polo que existirá un EPI adecuado a cada unha das tarefas que implique riscos. | guía básica| EQUIPOS DE PROTECCIÓN INDIVIDUAL | 9

See more

The list of books you might like

Most books are stored in the elastic cloud where traffic is expensive. For this reason, we have a limit on daily download.