0 1 0 2 - 6 9 9 1 ), O RI A T SI R E V NI U O R T A E T E D L A N O CI A N R E T N A I R T S O M (U 20 ANOS AULA DE TEATRO E T MI A UNIVERSITARIA DE OURENSE 1991-2010 D S O N 15 ANOS MITEU A 5 1 E 0 1 0 2 1- MOSTRA INTERNACIONAL DE TEATRO UNIVERSITARIO 1996-2010 9 9 1 E, S N E R U O E D A RI A T SI R E V NI U O R T A E T E D A L U A A D S O N A 0 2 20 ANOS DA AULA DE TEATRO UNIVERSITARIA DE OURENSE. 1991-2010 15 ANOS DA MITEU (MOSTRA INTERNACIONAL DE TEATRO UNIVERSITARIO). 1996-2010 PATROCINA COORDINA Fernando Dacosta EDITA DIFUSORA DE LETRAS, ARTES E IDEAS, SL Rúa Bedoya 5-2º, 32004 Ourense Apartado 655, 32080 Ourense AGRADECEMENTOS Teléfono: 988 222 244/988 255 010 Fax: 988 255 010 Correo electrónico: [email protected] Xestores da Universidade Internet: www.difusora.org Xestores das administracións colaboradoras TEXTOS Juan Fco. Gálvez Isabel Pérez González Alumnos da Aula Olga Mojón Costela Filemón Rivas Conde Ánxeles Cuña Bóveda Docentes Fernando Dacosta Xosé Manuel Cid Fernández Pepe Araujo Espectadores Elena Seijo Fina Calleja Sabela Gago A quen estivo tantos anos acompañándonos, José María Gómez disfrutando, xogando, loitando, sufrindo e soñando con nós Cristina Ponce Mouriño Tegra Vázquez Carpentier Carlos Rafael Ramos Pili Romero Alfonso Míguez María Díaz Ledicia Álvarez «Lele» Galicia Gutiérrez Gantes «Gali» Héctor Casas Rodríguez Eva Tato Raquel Penín Devesa FOTOGRAFÍAS Arquivo de Sarabela Teatro Alba Vázquez Carpentier (desde maio de 2003) disigna edenia | Dirección de arte: Adriana Pérez www.edenia.org Depósito legal: OU 49-2010 ISBN: 978-849295802-3 Impresión: Rodi Artes Gráficas © polos textos e fotografías, os autores Todos os dereitos reservados. Non se permite a reprodución deste libro, nin a súa incorporación a un sistema informático, nin a súa transmisión en calquera forma ou por calquera medio, sexa este electrónico, mecánico, por fotocopia, por gravación ou outros métodos, sen o permiso por escrito dos seus editores. 5 Fai preto de catro anos, acabado de chegar á Vicerreitoría do Campus de Ourense, tiven unha das miñas primeiras reunións con Fernando Dacosta, que é tanto como dicir con Sarabela. Eu coñecía a MITEU e a MOTI, sabía que existían tres aulas de tea- tro, Rosaura (nivel I), Cordelia (nivel II) e Maricastaña (nivel III), sabía que unha boa parte do noso orzamento estaba adicado ao teatro, que estabamos a construír un espazo máis adaptado ás súas necesidades, pero o que non sabía era o importante que era para o noso campus, o tempo fíxomo saber, e de que maneira. Lembro a Fernando, algo cohibido, probablemente intuía a miña intención de facer recortes, intentando convencerme do importante que era que o Campus seguira apostando polo teatro. Pensei que o orzamento dese ano estaba comprometido xa por o meu antecesor, así que, para o seguinte ano, tomaría unha determinación. Pero chegou ese tempo, e eu xa era un converso. Un converso do teatro, do traballo de Sarabela, da MITEU e da MOTI. Asistía ás súas representacións, e non podía crer como alumnos da miña clase podían facerme gozar coas súas actuacións, como se transformaban, como deixaban de ser estudantes para converterse en actores e actrices. Chegaron recoñecementos nacionais e internacionais, e o teatro pasaba a ser o mellor embaixador do Campus que xamais puiden imaxinar. A MITEU, pasou a ser o máis importante evento teatral da cidade, e para min, de Galicia; medrou, e xa non era do Campus, era de todos. Todo isto foi posible grazas ao apoio económico das institucións públicas como o Concello e a Xunta de Galicia. Mención aparte merece a Deputación de Ourense, que apostou decididamente polo noso campus e iso permitiu converternos nun dinamizador cultural da cidade e da provincia. E qué dicir da MOTI tan esperada cada Nadal por todos os pequechos da cidade, pero tamén polos seus pais. E froito do traballo de Sarabela, o Concello pon en marcha a FITO e ten a ben deixarnos participar, coido que como mostra de agradecemento por tantos anos en loita solitaria desde o noso Campus. Desde aquí o meu máis profundo agradecemento a Fernando Dacosta, a Sarabela, e a cada uno dos nosos estudantes que decidiron converterse en actores e actrices e facernos felices. Porque como dixo Voltaire, «Calquera que condene o teatro é un inimigo do seu país.» Juan Fco. Gálvez Vicerreitor do Campus de Ourense 7 15 ANOS DE MITEU... Unha edición máis da MITEU, a Mostra internacional de teatro universitaria, a mostra da mocidade, a da cor, a da transición do inverno gris á primavera chea de cores. A primeira mostra do ano, coa que nos estreamos, para despois dar paso ao Fito e á Moti. Un prato forte cargado de ledicia e especiado con ilusión e esforzo. Desde a Concellaría estamos orgullosas de recibir esta mostra número quince, e de compartila con toda a cidadanía. Uns días nos que a cidade respira as inquedanzas e emocións da mocidade… A maxia do teatro contáxianos a todos e neste ano especial máis aínda, co seu primeiro libro, un manual para lembrar. Fer- moso poder facer un libro para recoller 15 anos e seguir adiante. Pódese dicir que Ourense é unha cidade de farándula na que co transcurso dos anos o teatro se foi facendo un gran sitio, pouco a pouco e fío a fío e a día de hoxe a oferta teatral é considerable. Autoras e autores, directoras e directores, actrices e actores de antes, de noutrora, de antano, e de hoxe fan que o nome de Ourense percorra cidades e países. Un intercambio de culturas unido por unha arte. Por iso quero dar grazas por deixarme ser cómplice de todo isto, por poder chegar a tantos lugares, achegados e lonxa- nos, co nome da nosa cidade, polo éxito de Sarabela, compañía residente, e polo triunfo de Ourense por albergar este enorme proxecto teatral que ten que seguir medrando ate xigante, polo menos. Isabel Pérez González Concellala de cultura
Description: