Velaquí un clásico da literatura galega, galardoado en 1986 co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil.
Ramón
Lamote Miñato é profesor de chairego e debuxante de soños por encarga. A
súa existencia é apracible, como lle corresponde a unha persoa da
bondade do señor Lamote. Mais a vida tamén está chea de cousas. Das
cousas que lle acontecen a Ramón Lamote e da súa particular maneira de
entender o mundo trata esta novela.