ebook img

Coordinación: Blanca-Ana Roig Rechou Isabel Soto López Marta Neira Rodríguez (USC ... PDF

304 Pages·2013·2.57 MB·Spanish
by  
Save to my drive
Quick download
Download
Most books are stored in the elastic cloud where traffic is expensive. For this reason, we have a limit on daily download.

Preview Coordinación: Blanca-Ana Roig Rechou Isabel Soto López Marta Neira Rodríguez (USC ...

PREMIOS LITERARIOS E DE ILUSTRACIÓN NA LIX tttt Coordinación: Blanca-Ana Roig Rechou Isabel Soto López Marta Neira Rodríguez (USC) Edición: Helena Pérez Produción: Antón Pérez © LIJMI (Red Temática de Investigación «Las Literaturas Infantiles y Juveniles del Marco Ibérico e Iberoamericano») © Ilustración de cuberta e interiores: Luis Beizán, Javier Sande, Daniel Vilas © para esta edición, Edicións Xerais de Galicia, S.A., 2013 Dr. Marañón, 12. 36211 VIGO [email protected] ISBN: 978-84-9914-528-0 Depósito Legal: VG 338-2013 Impreso en Obradoiro Gráfico, S.L. Polígono do Rebullón, 52 D 36416 Mos (Pontevedra) Reservados todos os dereitos. O contido desta obra está protexido pola Lei, que prohibe a reprodución, plaxio, distribución ou comunicación pública, en todo ou en parte, dunha obra literaria, artística ou científica, ou a súa transformación, interpretación ou execución artística fix ada en calquera tipo de soporte ou comunicada a través de calquera medio, sen a preceptiva autorización. PREMIOS LITERARIOS E DE ILUSTRACIÓN NA LIX tttttt Coordinación: Blanca-Ana Roig Rechou (USC) Isabel Soto López (USC) Marta Neira Rodríguez (USC/CEU-UVI) Equipo redactor: Thiago Alves Valente – Mikel Ayerbe Sudupe João Luís Ceccantini –Joana Maria Cladera Socias Jesús Díaz Armas – Xabier Etxaniz Erle –José António Gomes Carolina González Alvarado – Laura Guerrero Guadarrama Jose Manuel López Gaseni – Ramón F. Llorens García Gemma Lluch – Graciela d´Lucca Bialet – Nieves Martín Rogero Alice Áurea Penteado Martha – Ana Margarida Ramos Sara Reis da Silva – Blanca-Ana Roig Rechou – Isabel Soto María Victoria Sotomayor Sáez – Anxo Tarrío Varela Vera Teixeira de Aguiar – Caterina Valriu – Maria Zaira Turchi ÍNDICE K Páx 1. Introdución ................................................................... 7 2. Os premios literarios. Anxo Tarrío Varela. ...................... 15 3. Prêmios Hans Christian Andersen e Astrid Lindgren Memorial Award (ALMA). Vera Teixeira de Aguiar, Maria Zaira Turchi, Alice Áurea Penteado Martha. ............ 37 4. Los premios Lazarillo y Nacional de Literatura Infantil y Juvenil. María Victoria Sotomayor Sáez, Jesús Díaz Armas. ............................................................. 59 5. Os premios literarios e de ilustración no ámbito ibérico. 91 5.1. La renovación de los premios en el siglo XXI. Ámbito castellano. Ramón F. Llorens García, Nieves Martín Rogero. .................................................. 93 5.2. Els premis en la literatura infantil i juvenil catalana: una panoràmica. Joana Maria Cladera Socias. ................ 115 5.3. 20 anys del Premi Josep M. Folch i Torres: la creació d’un cànon en la Literatura Juvenil catalana. Gemma Lluch, Caterina Valriu. ..................................... 133 5.4. Os premios literarios e de ilustración na Literatura Infantil e Xuvenil galega. Blanca-Ana Roig Rechou, Isabel Soto. ...................................................... 153 5.5. Prémios e literatura para a infância em Portugal: Contributos para a sua legitimação? José António Gomes, Ana Margarida Ramos, Sara Reis da Silva. .......................................................... 179 5.6. Literatura-sariak euskal haur eta gazte literaturan / Os premios literarios na literatura infantil e xuvenil vasca. Mikel Ayerbe Sudupe, Xabier Etxaniz Erle, Jose Manuel López Gaseni. ............................................ 195 6. Os premios literarios e de ilustración no ámbito iberoamericano. ................................................................. 243 6.1. Los premios literarios y de ilustración para la Literatura Infantil y Juvenil en Argentina. Graciela d´Lucca Bialet. ................................................. 245 6.2. Atestado de maioridade: Prêmios para a Literatura Infantil y Juvenil brasileira. João Luís Ceccantini, Thiago Alves Valente. ................... 259 6.3. Concursos de Literatura Infantil y Juvenil en México, signos de evolución y calidad. Laura Guerrero Guadarrama, Carolina González Alvarado ..................... 277 7. Equipo redactor e coordinador ...................................... 299 1. introdución K Un ano máis, co fin de acadar os obxectivos marcados pola Red Temática “Las Literaturas Infantiles y Juveniles del Marco Ibérico e Iberoamericano” (LIJMI) no momento da súa creación no ano 2004, ofrécese un novo monográfico desta serie que conta xa cun total de nove volumes. Nesta ocasión, os expertos que a conforman escolleron como tema obxecto de análise os premios literarios e de ilustración, un dos factores sistémicos que máis inflúen no mercado literario e na canonización de obras e autores. Como vén sendo habitual, a presentación do tema desde o pun- to de vista teórico conta cunha “Introdución”, neste caso debida ao profesor da Universidade de Santiago de Compostela Anxo Ta- rrío Varela, intitulada “Os premios literarios”, onde lembra os di- ferentes elementos que forman parte da comunicación literaria e vai explicando, recorrendo a algunhas das premisas desenvolvidas polas principais teorías sistémico-sociolóxicas xurdidas a partir da segunda metade do século XX, o papel que desempeñan os premios na sociedade de hoxe en día, na que son non só un elemento máis senón un elemento fundamental do mercado no que se converteu a literatura. Deste xeito, Tarrío Varela pon en relación os premios con conceptos tales como autor, best-séller, canonización, campo literario, campo de poder, esfera pública, institución literaria ou institutional criticism. 7 Premios literarios e de ilustración na lix A achega á Literatura Infantil e Xuvenil e aos premios que a re- coñecen desde o ámbito internacional chega da man das estudosas brasileiras Vera Teixeira de Aguiar, Maria Zaira Turchi e Alice Áurea Penteado Martha. En “Prêmios Hans Christian Andersen e Astrid Lindgren Memorial Award”, as autoras lembran as razóns polas que a LIX pasou a ser recoñecida con importantes galardóns internacio- nais a partir da segunda metade do século XX e destacan o Premio Andersen e o Astrid Lindgren como os principais recoñecementos a ter en conta nese ámbito internacional. Ademais de describir as súas características (quen os convocan, desde cando, que recoñecen etc.) e de indicar o nome dos galardoados ao longo das diferentes convo- catorias, analizan a produción infantil e xuvenil das dúas escritoras brasileiras que recibiron eses premios, Lygia Bojunga e Ana Maria Machado. Así mesmo, os dous premios de carácter institucional con maior repercusión na configuración do canon das LIX do Estado español son o obxecto de estudo de “Los premios Lazarillo y Nacional de Literatura Infantil y Juvenil”, que asinan María Victoria Sotomayor Sáez e Jesús Díaz Armas. Despois de nomear algúns dos indicios po- los que se pode falar de clásico e de lembrar a importancia da relación existente na LIX, a diferenza da literatura institucionalizada, entre formación e evolución do canon e premios literarios, Sotomayor e Díaz repasan brevemente o decorrer histórico do Premio Lazarillo, o máis antigo que se convoca a nivel estatal, e do Premio Nacional, ao que tamén se pode acceder desde calquera das linguas do Estado. A profesora da Universidade Autónoma de Madrid e o profesor da Universidade de La Laguna ofrecen os trazos que definen estes cer- tames, as principais diferenzas entre un e o outro e mencionan as obras gañadoras, así como as tendencias, temas, xéneros e linguas que foron galardoados ao longo da súas traxectorias. Despois destes traballos, ofrécense seis artigos nos que se atende aos premios literarios dos ámbitos lingüísticos da Península Ibérica, é dicir, castelán, catalán, galego, portugués e vasco. En “La reno- vación de los premios en el siglo XXI. Ámbito castellano”, Ramón 8 IntroducIón Llorens García e Nieves Martín Rogero detéñense en primeiro lugar nos premios que recoñecen o álbum ilustrado para, a seguir, cen- trarse nos que distinguen o xénero máis cultivado, a narrativa, que se manteñen desde os anos noventa ou que foron creados no século XX, e, finalmente, nos que tentan darlles pulo aos xéneros menos atendidos, a poesía e a literatura dramática. Joana Maria Cladera Socias, Gemma Lluch e Caterina Valriu son as responsábeis dos dous artigos centrados no eido catalán. A primeira das estudosas, ampliando os datos publicados anualmente pola revis- ta Cuadernos de Literatura Infantil y Juvenil (CLIJ) sobre os premios, repasa os convocados desde os inicios da LIX catalá até a actualidade, delimitándoos segundo sexan convocados en Cataluña, na Comuni- dade Valenciana ou nas Illas Baleares, de maneira que fica de relevo a carencia dun proceso evolutivo e coevo. Pola súa parte, Gemma Lluch e Caterina Valriu, tras lembrar brevemente algúns dos factores que permitiron o rexurdimento da LIX en lingua catalá durante a posguerra, analizan os vinte primeiros anos dun dos máis importan- tes, o Premio Folch i Torres, e describen paratextualmente a colección “Els Grumets”, da editorial La Galera, fundamental na recuperación da LIX en catalán, que acolleu as obras premiadas. En “Os premios literarios na Literatura Infantil e Xuvenil gale- ga”, Blanca-Ana Roig Rechou e Isabel Soto describen os primeiros premios que atenderon a LIX galega e aqueles que axudaron a cons- tituíla como sistema. Tamén aluden aos premios máis significativos convocados desde os anos oitenta até a actualidade, tendo en consi- deración a entidade que os convoca (editoriais galegas, foráneas ou outras institucións). Insiren tamén o palmarés de obras e creadores gañadores e sinalan as temáticas e tendencias máis representativas. O ámbito lingüístico portugués está representado neste mono- gráfico polo artigo “Prémios e literatura para infância em Portugal: Contributos para a sua legitimação?”, de José António Gomes, Ana Margarida Ramos e Sara Reis da Silva. Nel apúntanse aqueles pre- mios que desempeñaron un papel senlleiro na validación do sistema literario infantil e xuvenil portugués e no recoñecemento de obras 9 Premios literarios e de ilustración na lix e autores, moitos destes presentados ao lectorado agardado como novas voces literarias grazas a obtención dalgún dos galardóns. Os in- vestigadores portugueses citan os creadores e as obras galardoados e dan conta da problemática, en relación con outros ámbitos, que os premios da LIX portuguesa presentan en Portugal. Pola súa parte, Mikel Ayerbe Sudupe, Xabier Etxaniz Erle e Jose Manuel López Gaseni estabelecen, en primeiro lugar, a diferenza en- tre premios e concursos literarios así como a existente entre os con- vocados por institucións públicas e aqueles que parten de entidades privadas para, a continuación, facer un repaso polos premios máis significativos existentes na LIX vasca desde os anos oitenta. Partindo da hipótese de que a LIX premiada pode considerarse como mostra da literatura canonizada, os tres investigadores aventuran as súas posí- beis características. Rematan o seu traballo analizando a produción do escritor Patxi Zubizarreta e da ilustradora Elena Odriozola, pre- miados en diferentes ocasións. Amais do comentado, ofrécense tres estudos sobre os premios li- terarios e de ilustración existentes en Arxentina, Brasil e México. No primeiro deles, Graciela d’Lucca Bialet, logo dun breve repaso pola evolución da LIX en Arxentina, destaca aqueles máis notábeis segundo sexan convocados por institucións públicas estatais ou por fundacións, institucións culturais e ONG, así como os principais es- critores que os mereceron. No segundo, titulado “Atestado de maio- ridade: Prêmios para a literatura infantil e juvenil brasileira”, João Luís Ceccantini e Thiago Alves Valente aproxímanse ao labor realiza- do no transcurso dos anos por tres institucións brasileiras –a Câmara Brasileira do Livro, a Fundação Nacional do Livro Infantil e Juvenil e a Associação Paulista de Críticos de Arte–, de grande influencia no panorama dos premios brasileiros. Finalmente, Laura Guerrero Guadarrama e Carolina González Alvarado en “Concursos de Lite- ratura Infantil y Juvenil en México, signos de evolución y calidad”, despois de ofrecer brevemente as súas impresións como membros dalgún xurado, percorren os principais premios que galardoan a LIX en México desde os anos cincuenta até a actualidade, para rematar 10

Description:
función de pincerna da obra e do autor gañadores; ou as sospeitas de plaxio, como no caso da concesión do 1º premio a Camilo José Cela en 1994
See more

The list of books you might like

Most books are stored in the elastic cloud where traffic is expensive. For this reason, we have a limit on daily download.