Description:Cadernos de lingua é unha revista de investigación lingüística,
que sen renunciar a tratar temas de investigación teórica, pretende
centrarse fundamentalmente no estudo de problemas prácticos e de
interese xeral.
Creouse coa finalidade de informar e orientar os
traballadores da lingua e o público en xeral sobre problemas sincrónicos
e diacrónicos da lingua galega dunha maneira asequible e facilmente
comprensible.