. Curso de linguaxe administrativa . Coordinación Manuel Rico Verea Autoras: María das Mercedes Leobalde García Carme López Taboada Consuelo María Romero Lado Texto corrixido e ampliado por: Daniela García Sánchez Belén López Barreiro Felisa Marzábal Expósito Libia Pérez Vázquez Patricia Precedo Estraviz Nuria Seoane Bouzas Edita: Xunta de Galicia Secretaría xeral de Política Lingüística Depósito legal: C-1250-2007 Imprime: Gráficas Sanpar, s.l. Reservados todos os dereitos. O contido deste libro está protexido pola lei que prohibe a reprodución, plaxio, distribución ou comunicación pública, na súa totalidade ou en parte, das obras científicas, artísticas e literarias, sen a autorización pre- ceptiva. . Índice Páxinas Unidade 1 A linguaxe administrativa ......................................................................................... 9 Unidade 2 O texto e as súas propiedades ................................................................................. 23 Unidade 3 Os signos de puntuación ......................................................................................... 35 Unidade 4 O circunloquio. Tendencia á nominalización. Galicismo................................................. 45 Unidade 5 Maiúsculas e minúsculas .......................................................................................... 53 Unidade 6 As abreviacións ..................................................................................................... 63 Unidade 7 As indicacións de tempo e de lugar .......................................................................... 73 Unidade 8 O tratamento persoal e a linguaxe non-sexista ............................................................. 81 Unidade 9 As perífrases verbais ............................................................................................... 95 Unidade 10 O infinitivo conxugado ............................................................................................ 105 Unidade 11 O futuro de subxuntivo ............................................................................................. 115 Unidade 12 Os réximes prepositivos ........................................................................................... 123 Unidade 13 As locucións prepositivas e conxuntivas ...................................................................... 133 Unidade 14 O relativo e o indefinido ......................................................................................... 141 Unidade 15 Outras cuestións gramaticais .................................................................................... 151 Unidade 16 Ferramentas ........................................................................................................... 159 . . Obxectivos xerais 1. Aumentar a presenza do galego nas administracións públicas, tanto nas relacións internas coma nas relacións coa cidadanía. 2. Asegurarse da galeguización dos documentos, tanto nas relacións interadministrativas coma cos ad- ministrados. 3. Optimizar os recursos para contribuír á normalización lingüística. 4. Actualizar e formar o persoal para que incremente a competencia técnica nesta lingua. 5. Desbotar os prexuízos que o persoal da Administración amose cara á lingua galega. 6. Tentar que na formación do persoal ao servizo da Administración se conxugue a calidade, a estan- darización e a funcionalidade. 7. Achegarlles a lingua aos distintos sectores da Administración e asentar a variedade estándar da lin- gua. 8. Dar a coñecer os recursos materiais e en formato electrónico que existen na lingua galega para que sexan utilizados polo persoal da Administración. 9. Capacitar o persoal para usar na actividade profesional, tanto no plano oral coma no escrito, esta lingua con fluidez e corrección. 10. Orientar o persoal para que busque asesoramento e resolva as dúbidas que lle xurdan no desenvol- vemento do traballo. Obxectivos específicos • Darlle a coñecer ao persoal das distintas administracións públicas os trazos caracterizadores da lin- guaxe administrativa tradicional. • Amosarlle ao persoal da Administración as propostas modernizadoras para mellorar a comunicación administrativa, tanto na redacción dos documentos coma na información á cidadanía. • Proporcionar información sobre os aspectos en que se ha basear a redacción. • Formar o colectivo nos contidos ortotipográficos, morfosintácticos, léxico-semánticos e de formato na comunicación administrativa. • Reflexionar sobre as propostas que buscan a simplificación e a eficacia no estilo administrativo. • Capacitar o alumnado no plano oral e no escrito para que sexa capaz de desenvolverse nos contex- tos precisos. 7 Metodoloxía Empregarase unha metodoloxía teórico-práctica, que consistirá na presentación de contidos, realización de actividades, redacción de escritos e na resolución de dúbidas. Achegarase o material adecuado para que o alumnado acade unha escrita correcta, dándolle a coñecer o estándar lingüístico para que vaia mellorando na xerarquización da información e no deseño dos do- cumentos. Na medida do posible, tentarase adecuar e traballar documentos que acotío manexan no tra- ballo. Avaliación A avaliación realizarase tendo en conta a asimilación que reflicta o alumnado dos contidos traballados ao longo do curso e que están expostos neste manual. Avaliarase, ademais, a competencia de cada alumno/a, tanto na oralidade como na escrita, para exer- cer en todas as posibles situacións comunicativas. Así mesmo, valorarase a progresión e a eficacia á hora de redactar os documentos, seguindo as convencións estilísticas e de formato que se perfilaron no curso. 8 Linguaxe administrativa Unidade 1 A linguaxe administrativa A comunicación: elementos do proceso comunicativo e variedades lingüísticas A comunicación oral e a comunicación escrita: características A linguaxe administrativa tradicional: características Modernización da linguaxe administrativa: a linguaxe cidadá Consellos para unha redacción eficaz Decálogo de redacción adecuada para a linguaxe administrativa Actividades A comunicación consiste na capacidade de que un ser vivo lle trans- mita información a outro. O ser humano pode usar diferentes sistemas para proporcionar información. A súa capacidade comunicativa é máis ampla, pois dispón dun sistema de comunicación máis perfeccio- nado ca outros seres, o que o fai único.
Description: