ebook img

BJ Feijoo, renovador do pensamento da Ilustración PDF

118 Pages·2016·3.02 MB·Spanish
by  
Save to my drive
Quick download
Download
Most books are stored in the elastic cloud where traffic is expensive. For this reason, we have a limit on daily download.

Preview BJ Feijoo, renovador do pensamento da Ilustración

a ( ) actas FRANCISCO DÍAZ-FIERROS VIQUEIRA Coordinador B. J. Feijoo, renovador do pensamento da Ilustración Retrato de Feijoo por Díaz Pardo para o libro en homenaxe a Feijoo, publicado en 1967 pola Universidad Nacional de La Plata (Arxentina). B. J. Feijoo, renovador do pensamento da Ilustración Edita © CONSELLO DA CULTURA GALEGA, 2016 Pazo de Raxoi · 2º andar · Praza do Obradoiro 15705 · Santiago de Compostela T 981 957 202 · F 981 957 205 [email protected] www.consellodacultura.org Proxecto gráfico Imago Mundi Deseño Imprime Grafisant, S.L. Depósito Legal: C 988-2016 ISBN 978-84-92923-73-1 FRANCISCO DÍAZ-FIERROS VIQUEIRA COORDINADOR B. J. Feijoo, renovador do pensamento da Ilustración Actas do seminario realizado en Ourense o día 9 de outubro de 2014, no 250 aniversario do seu pasamento (1676-1764) s a ct a Limiar Hai unha opinión practicamente unánime sobre a pegada que deixou a Ilustración na cultura española a partir da segunda metade do século . Pénsese, dunha banda, na aceleración do tempo histórico e, doutra, no peche paulatino da fenda cultural que se estaba a xerar entre España e o resto dos países europeos grazas ao alento renovador e ás realizacións que se puxeron en marcha. Institucións tradicionais como o Exército, a Igrexa ou as universidades ini- ciaron un novo camiño. Nel, as correntes renovadoras do pensamento atoparon acubillo e outras entidades, como as Sociedades Económica de Amigos do País, actuaron como punta de lanza deste movemento que cambiou a face do país e soubo abrir as súas fronteiras ao intercambio cultural con outros Estados, nomea- damente Francia. Á xeración que foi protagonista destas realizacións precedeulle outra, deno- minada «crítica», que tivo o papel fundamental de se enfrontar abertamente coas vellas crenzas e tradicións. Estaba formada, principalmente, por uns cantos per- soeiros que, armados soamente coa súa pluma e a súa clarividencia, principiaron unha dura campaña de descualificación dos erros de pensamento e dos costumes máis atrasados do país. Malia seren rexeitados por moitos, o seu arduo traballo axudou a abrir as portas a un novo xeito de entender o mundo e, sobre todo, conseguiron que os seus escritos comezasen a ser lidos por un maior número de españois. Benito Jerónimo Feijoo, o Padre Mestre, foi un deles. Quizais sexa o máis lido de todos, pois o seu Teatro crítico e as súas Cartas eruditas chegaron a ser autén- ticos best-sellers do seu tempo e o seu nome mesmo chegou a ser un símbolo do progreso e da nova cultura. De todas as maneiras, despois da Guerra da Inde- pendencia e, sobre todo, do reinado de Fernando VII, caeu no esquecemento. A morte do monarca, en 1833, non lle deparou mellor fortuna, porque ata ben 7 entrada a segunda metade do século non volveron ser editados os seus traballos. Con todo, o recoñecemento definitivo deste intelectual veu coa conmemoración do centenario do seu nacemento no último cuarto de século xix. Galicia e, nomeadamente, a cidade de Ourense distinguíronse dun xeito moi singular por espallar por todo o país o pensamento de bieito, ata o punto de que na segunda metade do xix as publicacións galegas superaron en importancia as do resto de España. A figura de Feijoo foi aclamada e a súa galeguidade converteuse en motivo de orgullo e satisfacción para unha Galicia que comezaba a desangrarse nunha riada humana sen fin cara ao alén mar. Esta corrente de afecto mantívose, cando menos, ata a segunda metade do século xx, na que outras efemérides vitais do beneditino serviron como xustificación para realizar novos estudos sobre o seu pensamento e a súa importancia no contexto cultural español. De todas as maneiras, no último cuarto do século xx e na primeira década do xxi comezou a caer nun lento e progresivo esquecemento, e foron moi escasos os traballos ou mencións que lle foron dedicados pola intelectualidade galega. Feijoo, a pesar de todo, segue a ser unha figura esencial e indiscutible da nosa historia cultural que está por riba das modas e dos oportunismos intelectuais do momento. Por iso, o Consello da Cultura Galega non quixo deixar pasar os douscentos cincuenta anos do seu pasamento, en 1764, sen lle lembrar á cidada- nía galega que o erudito ourensán segue a ser un dos máximos referentes da nosa cultura, como recoñeceu Castelao na «Alba de Groria» incluíndoo no cortexo dos galegos egrexios e inmorredoiros. Isto aconteceu o 9 de outubro de 2014, cando se desenvolveu na cidade Ourense (non podía ser noutro sitio) unha xornada de estudo sobre aspectos, aínda non ben tratados sobre a vida e a obra do beneditino de Casdemiro e que agora son recollidos nesta publicación. Deste xeito, quérese contribuír ao aviva- mento entre nós da memoria dun galego, referente fundamental da Ilustración española e loitador incansable contra o pensamento débil, preguizoso e lixeiro. Algo que nunca deixará de estar de actualidade. Francisco Díaz-Fierros Viqueira 8

Description:
en motivo de orgullo e satisfacción para unha Galicia que comezaba a . 1782-1786), de Lampillas, ou a Oración apologética por la España y su mérito menco Lawrence Beyerlinck, unha voluminosa enciclopedia de materias
See more

The list of books you might like

Most books are stored in the elastic cloud where traffic is expensive. For this reason, we have a limit on daily download.