MANUEL FORCADELA TERESA LÓPEZ DOLORES VILAVEDRA COORDINADORES Mil e un cunqueiros. Novas olladas para un centenario Do 28 de setembro ao 1 de outubro de 2011 s ai xit di s n ó ci a c bli u p Mil e un cunqueiros. Novas olladas para un centenario Do 28 de setembro ao 1 de outubro de 2011 Edita © CONSELLO DA CULTURA GALEGA, 2014 Pazo de Raxoi - 2º andar - Praza do Obradoiro 15705 - Santiago de Compostela T 981 957 202 - F 981 957 205 [email protected] www.consellodacultura.gal doi:10.17075/mucnoc.2014 MANUEL FORCADELA TERESA LÓPEZ DOLORES VILAVEDRA COORDINADORES Mil e un cunqueiros. Novas olladas para un centenario Do 28 de setembro ao 1 de outubro de 2011 s ai xit di s n ó ci a c bli u p Limiar Manuel Forcadela Teresa López Dolores Vilavedra n 2011 cumpríronse cen anos do nacemento de Álvaro Cunqueiro E Mora. Esta conmemoración supuxo unha oportunidade excepcional para revisar o legado do escritor mindoniense, facer balance da si- tuación dos estudos cunqueirianos e propiciar novas aproximacións críticas á súa obra. A dimensión galega e universal da obra e do propio Álvaro Cunqueiro convertérono nunha figura altamente funcional como vector de proxección de Galicia no mundo. Ao tempo, o pensamento e a imaxinación cunqueiriana ren- ovaron a conciencia dos propios galegos sobre si mesmos, establecendo novas pautas que contribuíron a definir a identidade galega e a imaxe do noso país aquén e alén das nosas fronteiras. Por todo isto, pasadas máis de dúas décadas desde a dedicatoria do Día das Letras Galegas, e tendo en conta o interese que a súa obra segue a espertar entre a comunidade científica galega internacional, o Consello da Cultura Galega xulgou acaído organizar o Congreso ‘Mil e un Cunqueiros’. A iniciativa enmarcouse de xeito sobranceiro no abano das diferentes con- memoracións que ao longo dese ano 2011 tiveron lugar (exposicións, fala- doiros, concertos, representacións teatrais…) e contou coa colaboración das tres universidades galegas. Como responsables da organización, o noso princi- pal obxectivo era que o congreso servise de foro para o debate académico e o intercambio científico, con especial atención á presentación dos resultados das investigacións en curso sobre Álvaro Cunqueiro. O Congreso, realizado entre o 28 de setembro e o 1 de outubro e con sedes en Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo, quixo ser un punto de encontro entre investigadores, profesores e estudantes da comunidade académica galega, peninsular e internacional, e favorecer o diálogo interdisciplinar e intercultural arredor da obra do mestre mindoniense. Presentamos aquí o resultado: Mil e un Cunqueiros. Novas olladas para un centenario. Esta publicación dixital recolle, nos seus diferentes apartados, as 7 conferencias e 25comunicacións presentadas no Congreso, así como as inter- vencións nas 4 mesas redondas. Os materiais foron organizados en función de criterios temáticos, tendo en conta as áreas temáticas que se lles propuxeron ás persoas participantes, e que serviron para articular as sesións congresuais. Intégranse aquí tamén, en apéndice, as achegas que nos foron fornecidas polos intervenientes nos faladoiros que o CCG organizou en diferentes vilas e cidades (Madrid, Ferrol, Pontevedra, Barcelona…), a modo de complemento local do Congreso e como resultado da vontade da institución de proxectar a súa activi- dade en ámbitos cada vez máis diversos. Agardamos que esta edición contribúa a anovar de xeito radical os estudos cunqueirianos e a garantir, cando menos, mil e un anos máis de lecturas críticas e gozosas das obras do noso mindoniense máis singular. Índice s i a t i x i d s n ó i c a c i l b u p
Description: